Noticias

O Ministerio de Facenda confirma que Galicia cumpriu en 2018 as regras fiscais de déficit, débeda e gasto

O Ministerio de Facenda vén de confirmar que Galicia é unha das comunidades autónomas que cumpriu no ano 2018 todas as regras de estabilidade orzamentaria, xa que cumpriu o obxectivo de déficit, o límite de débeda pública e a regra de gasto do exercicio. Isto supón que a Comunidade Autónoma evita ter que presentar un plan económico-financeiro (PEF), que si terán que realizar as administracións que incumpren algún dos tres obxectivos. Tal como establece o informe que vén de publicar o Ministerio de Facenda, Galicia cumpriu no exercicio 2018 o obxectivo de déficit público, que estaba fixado no 0,4% para todas as administracións autonómicas, xa que Galicia pechou o exercicio con superávit contable por primeira vez nos últimos 16 anos.

Este informe do Ministerio de Facenda aínda non actualiza a cifra do superávit de 2018 para incluír o cálculo correcto, que é de 125 millóns de euros. De feito, o informe aínda recolle o cálculo inicial de 104 millóns de euros publicado en marzo pola Administración Xeral do Estado, pero Galicia xa lle ten trasladado ao Ministerio de Facenda a explicación técnica correspondente para subsanar este erro.

O mesmo sucede co límite de débeda pública, xa que o informe do Ministerio de Facenda mostra que Galicia pechou o exercicio cunha ratio de débeda/PIB do 18,0%, cifra que xa foi actualizada polo Banco de España ao 18,1%. En todo caso, o informe confirma que Galicia pechou o exercicio cumpriu o límite máximo autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira, que era do 18,4% para a Comunidade Autónoma.

Finalmente, o informe tamén ratifica que en 2018 Galicia cumpriu o límite da regra de gasto, un mecanismo que ten como obxectivo evitar consolidacións procíclicas de gasto na Administración, evitando un aumento excesivo dos gastos estruturais que, en épocas de dificultade, non poidan ser afrontados.

Co cumprimento dos tres obxectivos de estabilidade, Galicia evita a aprobación dun plan económico-financeiro, obrigatorio cando unha Administración incumpre algún destes parámetros. Ademais, Galicia beneficiarase doutras vantaxes derivadas deste cumprimento, como o acceso ao Fondo de Facilidade Financeira, a concesión de avais a empresas ou a utilización dunha taxa de reposición de efectivos públicos maior da que poderán usar as comunidades autónomas incumpridoras.

R., 2019-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES