Notas de prensa

As empresas galegas de máis de 10 empregados superan a media española de conexión a internet

Segundo os datos da Enquisa do INE “Uso de TIC e comercio electrónico 2011/2012, analizados polo Osimga, as empresas galegas de máis de 10 empregados superan a media estatal de dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico.

O 98,8% das empresas galegas de 10 ou máis empregados dispoñen de conexión a Internet, máis dun punto por riba da media estatal situando a Galicia na segunda posición no ranking de Comunidades Autónomas neste indicador. Ademais, a práctica totalidade destas empresas dispoñen de ordenador (99,4%), porcentaxe que supera á do conxunto do Estado (98,7%).

Así se recolle no estudo “O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2011/2012”, publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

O OSIMGA salienta que os indicadores básicos para as empresas galegas de 10 e máis empregados superan lixeiramente a media española e destaca a vantaxe deste segmento empresarial no uso da sinatura dixital, dos recursos da Administración electrónica e na calidade da banda larga contratada.

Empresas de máis de 10 empregados

O 98,7% das empresas galegas de 10 ou máis empregados con conexión a Internet, acceden mediante algunha solución de banda larga. Un 62,2% contan cunha velocidade de entree 2 Mbps e 10 Mbps, superando a media estatal, que se sitúa no 61,5%. No tramo de velocidade entre 10 Mbps e 30 Mbps, a porcentaxe é do 27,4% máis dun punto por riba da media estatal.

Entre as empresas galegas con conexión a Internet, tamén cabe salientar que máis da metade (56,3%) accede á rede a través de telefonía móbil de banda larga (Móbil 3G) utilizando smartphone ou PDA, valores semellantes á media estatal (56,5%).

Un 98,4% das empresas galegas deste segmento dispón de correo electrónico, 1,2 puntos por riba da media estatal e un 94,3% dispón de telefonía móbil, medio punto máis que a media estatal. Por tanto, nos principais indicadores básicos relativos ás empresas de 10 e máis empregados, o comportamento da media galega é lixeiramente superior á estatal.

Por outra banda, o 69,4% das empresas deste segmento dispón de páxina web, un 13,4% máis ca no ano 2011. Este indicador experimentou un crecemento superior ao da media estatal, permitindo reducir a fenda dixital de 5,8 puntos no ano 2011 a tan só 1,6 puntos na actualidade.

Incremento da sinatura dixital

Especialmente significativo é o incremento no emprego da sinatura dixital entre as empresas galegas de 10 e máis empregados. Un 74,7% das empresas galegas deste segmento con conexión a Internet emprega a sinatura dixital, cun crecemento do 26,2% con respecto a 2011 e superando a media estatal en 4 puntos. Das empresas galegas que fan uso da mesma, o 98,4% emprégana para relacionarse coas AAPP e un 22,5% para relacionarse con provedores e clientes.

Galicia tamén presenta uns bos resultados no referente ao uso da administración electrónica para a interacción coas Administracións Públicas, alcanzando unha porcentaxe do 86,1%, situándose 1 punto por riba da media estatal (85,1%). Este indicador experimentou un crecemento do 6,3% no último ano fronte a un crecemento do 1,3% da media estatal.

Os usos máis frecuentes son a obtención de información e os relacionados coa descarga de formularios pero destaca especialmente a porcentaxe de empresas que devolven impresos cumprimentados á Administración a través de Internet (63,9%), superando a media estatal en 3 puntos e situando a Galicia na 6ª posición no ranking autonómico.

Un 80% das empresas galegas de 10 e máis asalariados emprega o software de código aberto, fronte ao 82,4% da media estatal.

Finalmente, un 13,3% das empresas galegas de 10 e máis empregados utilizan as redes sociais por motivos de traballo, destacando os labores de marketing e publicidade (87% das empresas galegas que utilizan redes sociais fronte ao 84,4% do Estado)

Microempresas

A situación das microempresas con respecto ao uso das TIC en Galicia continúan a estar por debaixo da media estatal pero practicamente todos os datos rexistran incrementos superiores ao crecemento da media estatal. Así, un 62,7% das microempresas galegas dispón de ordenador, fronte ao 71,3% do Estado. O crecemento deste indicador en Galicia foi dun 8,3%, superior ao crecemento estatal (2,3%), reducindo a fenda de 11,8 puntos a 8,6 puntos.

En canto á conexión a Internet, o 57,8% das microempresas galegas xa dispón de conexión á Rede, experimentando un crecemento do 9,5% no último ano fronte ao incremento do 1,7% do conxunto do Estado. Neste indicador, a diminución da fenda dixital foi de preto de 4 puntos.

Entre as microempresas que contan con conexión a Internet un 96,5% dispón de banda larga fixa, unha porcentaxe lixeiramente superior á media estatal (96,1%). A porcentaxe de empresas con menos de 10 asalariados que dispoñen de telefonía móbil acada o 71,9%, medio punto por baixo da media estatal (72,4%), diminuíndo a fenda en 3,1 puntos.

Un 24,4% das microempresas con conexión a Internet dispoñen de páxina web, cunha diferenza de 4,2 puntos coa media estatal (28,6%) aínda que experimenta un crecemento (22,6%) superior ao estatal (10,5%) que se traduce nunha diminución da fenda en 2,2 puntos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES