Noticias

O Fondo Galego de Garantía Agraria pagará nos próximos días máis de 40 millóns de euros da PAC 2018 na que houbo arredor de 29.000 solicitudes en Galicia

Durante os próximos días e ata principios de xuño o Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) realizará pagos superiores a 40 millóns de euros da campaña da PAC 2018, na que houbo unhas 29.000 solicitudes en Galicia. Tendo en conta os pagos xa realizados en novembro e decembro do ano pasado, o importe previsto de pagamentos totais estímase en 170 millóns de euros de axudas directas e 40 millóns de euros para as medidas de desenvolvemento rural. Así, en axudas directas pagaranse máis de 25 millóns relativos a complementos de pagos parciais das liñas de pago básico, pago verde e pequenos agricultores.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, informou hoxe no Parlamento de que durante os próximos días e ata principios de xuño a Consellería do Medio Rural, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), realizará pagos superiores a 40 millóns de euros da campaña da PAC 2018, na que houbo unhas 29.000 solicitudes en Galicia.

En resposta a unha pregunta sobre este asunto na Comisión 7ª, Balseiros indicou que tendo en conta os pagos xa realizados en novembro e decembro do ano pasado, o importe previsto de pagamentos totais estímase en 170 millóns de euros de axudas directas e 40 millóns de euros para as medidas de desenvolvemento rural.

Así, en axudas directas pagaranse máis de 25 millóns relativos a complementos de pagos parciais das liñas de pago básico, pago verde e pequenos agricultores. Realizaranse pagos totais das axudas de mozos agricultores e das axudas acopladas de superficies e de gandaría (cebo de tenreiros, ovino e caprino).

Por outra banda e con respecto ás medidas de zonas con limitacións naturais, agroambiente e clima e agricultura ecolóxica, o volume total de pagos calculado polo Fogga superará os 15 millóns de euros.

En canto ás previsións para a campaña de 2019, o director xeral sinalou que se agarda unha situación semellante á de 2018, con arredor de 29.000 solicitudes. Destacou ademais que este ano vaise continuar coa modernización e simplificación da PAC mediante a substitución dos tradicionais controis sobre o terreo polo monitoreo das superficies declaradas para pagamento básico. Farase no concello pontevedrés de Forcarei, mediante o uso de imaxes de satélite e doutras tecnoloxías coma os drons, as fotos xeoetiquetadas ou a intelixencia artificial.

Couza guatemalteca da pataca

Por outra banda, José Balseiros lembrou –en relación cunha pregunta sobre a couza guatemalteca da pataca– que Medio Rural editou un folleto informativo para asesorar aos almacenistas nesta materia. Esta publicación fai fincapé na necesidade de limpar e desinfectar os almacéns onde tradicionalmente se acumulaban as patacas producidas na propia explotación. O folleto incorpora recomendacións para realizar os traballos de illamento e limpeza dos tubérculos, así como para realizar un pequeno almacén no que ter as patacas en condicións de bioseguridade, co fin de previr a aparición da couza.

Noutra orde de cousas e en relación cunha pregunta sobre a titularidade compartida das explotacións, o director xeral explicou que as dificultades atopadas en Galicia –coma no conxunto de España– para aplicar con éxito a lei de titularidade compartida das explotacións débense á existencia doutras formas xurídicas. Entre elas salientou especialmente a da sociedade civil, na que se promociona a presenza da muller como titular e que leva máis anos a disposición dos agricultores. Nesta liña, Balseiros advertiu que actualmente en Galicia hai algo máis de 42.000 explotacións titularidade de persoas físicas e que, nese caso, o 52% corresponden a mulleres. No que atinxe ás persoas xurídicas, son 5.681 e o 37% ten a forma de sociedade civil. Delas, un 90% están formadas por matrimonios, cun reparto da participación ao 50% entre homes e mulleres.

O director xeral contestou tamén outra pregunta sobre froiticultura. Na súa resposta, José Balseiros lembrou que Medio Rural investiu catro millóns de euros o pasado ano en axudas para apoiar explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal e que este ano ten previsto realizar unha nova convocatoria semellante. Entre os seus beneficiarios están os produtores de cultivos leñosos como as froiteiras e as oliveiras. Indicou ademais que a consellería conserva no banco de xermoplasma dos centros de investigación agraria e forestal distintos ecotipos de cereais, millo e froiteiras autóctonas, co fin de fomentar a súa plantación.

Vendima da DO Ribeira Sacra

Pola súa banda, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, fixo unha valoración positiva da última vendima na denominación de orixe Ribeira Sacra. En resposta a unha pregunta sobre o tema, Rodríguez destacou que a produción de 2018 superou en case un 12% a de 2017 e situouse case un 10% por riba da media do período 2009-2018.

Así mesmo, salientou a aposta desta DO polas variedades autóctonas, especialmente polas tintas e dentro delas pola Mencía, algo que –dixo– facilita que unha denominación de orixe pequena como esta estea ben posicionada no mercado. Por último, amosouse convencido de que os viños desta colleita na Ribeira Sacra van ser de moi boa calidade.

R., 2019-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20251223-xunta.jpeg) A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
Foto de la tercera plana (otero-pedrayo.jpg) En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López. Complétanse as datas significativas coa celebración, o 1 de abril, do Día das artes galegas, que se centra neste 2026 nun dos nosos fotógrafos máis vangardistas e internacionais, o ourensán José Suárez. En todo caso, este festexo estenderase todo o ano cunha ampla oferta de accións, do mesmo xeito que sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor da escritora Begoña Caamaño.

Notas

O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente por materia e case non contén antimateria.
Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e Abel Caballero, alcalde de Vigo, mantiveron este martes unha xuntanza na que se abordou a posta en marcha do Observatorio de Vivenda de Vigo tras a sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas institucións con esta finalidade. O obxectivo desta nova ferramenta será realizar e ofrecer unha diagnose constante do mercado da vivenda, monitorizar a súa evolución e propoñer medidas de corrección coa previa avaliación de súa idoneidade.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES