
Case o 87%, un total de 1.388 prazas son de novo ingreso e as 213 restantes son de promoción interna, para que mestres que xa contan con praza se poidan incorporar ao corpo de profesores de ensino Secundario.
As probas desenvolveranse entre o 20 de xuño e o 19 de xullo en diferentes localidades da xeografía galega, que se concretarán nas próximas semanas.
Aposta pola estabilidade
As oposicións de 2026 elevan a 21.698 as prazas convocadas desde 2009 pola Xunta para renovar, estabilizar e permitir que os docentes avancen na súa carreira profesional. De feito, grazas a estas políticas, Galicia é desde hai anos a comunidade con menor interinidade docente do Estado.
Esta aposta polo profesorado prodúcese nun escenario de baixada do número de alumnos e súmase ao Acordo de mellora do sistema educativo ao abeiro do que, a iniciativa propia do Goberno galego, se está avanzando na mellora de ratios, algo no que se afondará no vindeiro curso grazas, entre outras medidas, a estas oposicións.
Por corpos, no de mestre convócanse 476 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 852 en 29 especialidades. Ademais, hai 60 prazas en cinco especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP. As 213 prazas de promoción interna abranguen 29 especialidades. A relación de inscritos por corpos e especialidades é a recollida nas seguintes táboas.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.