Actualidad de Economía

Noticias economia

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia pon en marcha unha nova edición das Unidades Formativas na Empresa, proxecto pioneiro que contempla o desenvolvemento de 500 unidades formativas que chegarán a case 4.500 persoas traballadoras e desempregadas de toda Galicia, ofrecéndolles unha mellora cualificativa que dea resposta ás necesidades do sector produtivo galego. O obxectivo e facer de Galicia unha comunidade máis adaptada a nova realidade económica baseada nas últimas tecnoloxías, mellorando a formación dos galegos e galegas mediante un proceso de aprendizaxe continua que facilite a inclusión laboral e mellora á empregabilidade dos beneficiarios.
Ponse en marcha a Estratexia galega de optimización loxística, coa previsión de mobilizar máis de 20 millóns de euros ata 2022 para impulsar a competitividade do sector da organización, abastecemento e transporte de mercancías. Entre as medidas previstas está a posta en marcha de catro centros de apoio ao transporte por estrada -un en cada provincia-, que prestarán servizos 24 horas e beneficiarán a 5.000 empresas; ou o funcionamento dunha xanela única para a realización dos trámites aduaneiros nos portos galegos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse nas Pontes co grupo de traballo local por unha transición xusta de Endesa para solicitar ao Goberno central unha axenda política que inclúa solucións industriais que partan da colaboración e que permita impulsar unha transición enerxética xusta e ordenada tal e como reclama a Comisión Europea, que avoga por transicións xustas, que teñan en conta as consecuencias sociais desta transformación e que analicen os posibles impactos laborais e industriais da mesma. Esta é, segundo Conde, a única fórmula para salvagardar os postos de traballo e o tecido industrial galego a través dunha solución realista.
Galicia segue reducindo o paro a nivel anual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo con respecto a outubro de 2018. De feito, posiciónase como a sexta Comunidade na que máis se reduce o paro en termos absolutos. A cifra de desempregados (164.307) sitúa Galicia a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Na evolución anual, o paro baixa en 5437 persoas, é dicir, nun -3,20%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de outubro. A Comunidade reduce o desemprego, ademais, a maior ritmo que o conxunto do Estado, onde diminúe nun -2,37%.
Celebrouse hoxe unha reunión entre a Xunta de Galicia, os concellos de Cervo e Xove e mais o comité de empresa de Alcoa San Cibrao para avaliar a situación que atravesa a planta. Tanto o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, como os traballadores reiteraron a petición, que a Xunta xa ten trasladado ao Goberno central en anteriores ocasións, de convocar a mesa da industria electrointensiva -incorporando aos empregados da planta de San Cibrao- e de presentar o estatuto para o consumidor electrointensivo e, deste xeito, desbloquear a difícil situación da factoría da Mariña ao rebaixar o prezo eléctrico.
Os resultados das exportacións das empresas galegas nos primeiros oito meses do ano reflicten o esforzo que o tecido produtivo está a realizar para consolidar a súa proxección nos mercados internacionais, cun volume total de vendas ao exterior que acadou os 14.041 millóns de euros, a segunda mellor cifra para este período dos últimos anos, segundo a información que ofrece o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. De continuar esta tendencia, en 2019 o total das vendas no exterior roldaría os 21.000 millóns de euros, cifra que se acadou por vez primeira en 2017.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, presentou no Parlamento de Galicia as contas para o próximo ano, que suman preto de 600 millóns de euros para a creación de emprego e mellorar a competitividade das empresas. Resérvanse 260 millóns de euros á creación de máis emprego impulsando unha formación dual e flexible e lánzanse novas iniciativas para mellorar a empregabilidade dos colectivos prioritarios, como un novo programa dual de emprego para mozos e mozas e TécnicAs, para mellorar a presenza feminina no eido industrial
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, anunciou que a Xunta remitirá esta mesma semana ás organizacións sindicais as convocatorias de oposicións para cubrir 1.161 prazas en diversas categorías de Administración Xeral. “Trátase de convocatorias moi agardadas polo persoal que quere estabilizar o seu posto de traballo e polos moitos mozos e mozas que aspiran a acceder a un emprego estable e de calidade na Xunta de Galicia”, subliñou o conselleiro.
A Xunta volve aprobar en tempo e forma os Orzamentos para 2020, que inclúen o maior gasto social da historia, menos impostos e novos recursos para facer máis competitiva e innovadora a economía. Tras a aprobación do Proxecto de lei de Orzamentos para 2020, que irá acompañado do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas, o presidente da Xunta destacou o inicio da súa tramitación parlamentaria este sábado en tempo e forma. “A Xunta de Galicia leva aprobando 40 anos consecutivos o seu Orzamento. Todos os gobernos que tivo a Autonomía nestes 40 anos cumpriron as súas obrigas e aprobaron anualmente os seus orzamentos”, engadiu.
Galicia estará entre as primeiras comunidades autónomas que pagarán anticipos das axudas da Política Agraria Común (PAC) correspondentes á campaña 2019-2020. Por primeira vez neste período de programación da PAC, o Fogga (Fondo Galego de Garantía Agraria) realizará o pago de anticipos por un importe superior aos 36,6 millóns de euros, tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Este importe transferirase de forma efectiva aos gandeiros a partir da semana que vén, sendo a data de inicio do exercicio financeiro 2020 o vindeiro mércores 16 de outubro. Neste senso, trátase dunha medida que permitirá dar liquidez ás explotacións gandeiras galegas.
| 54,3  de  386 | Siguiente »

Notas economia

O presidente da Xunta asegura que a medida permite “afondar na mellora eléctrica cunha maior planificación”, garantindo “a transparencia” e tentando “defender máis aos consumidores”.
O PPdeG di que coas contas do ente estase a conseguir unha “televisión con estabilidade económica, cun custo social razoable, fixado en 34 euros por habitante ao ano; e baixo parámetros de eficacia e eficiencia”. O BNG di que non se respeta o pluralismo político e AGE critica o uso da lingua.
O Grupo parlamentario de Alternativa Galega d Esquerda (AGE) reclama que o Consello de Contas fiscalice os efectos que ten a crise nas políticas públicas, e esixe que este organismo teña capacidade sancionadora propia e que ésta non dependa do Tribunal de Contas de Madrid.
O Executivo galego pretende coordinar as políticas e dar un novo impulso á industria galega fomentando a innovación, a internacionalización e a competitividade en sectores productivos galegos como a automoción, o naval ou o eólico, co fin de xerar emprego.
As bolsas, que son de 1.000 euros cada una e cobren o 35% do prezo do máster, pódense solicitar ata 31 de decembro de 2012 na secretaría de Relacións Laborais. Estes traballadores deben acreditar, ademais, a posesión dun título universitario ou estar cursando o último ano dos seus estudos superiores para optar a unha das becas.
Representantes dos territorios turísticos integrados nos xeodestinos intercambian información cos axentes de viaxe maioristas que operan en territorio galego. A xornada foi promovida por Turgalicia.
O presidente da Xunta incide en que, en vez de subir os impostos aos que crean emprego, “aprobarase unha lei de emprendemento, subvencionarase a seguridade social aos autónomos e daranse microcréditos para aqueles que queiran investir en Galicia”.
Feijóo di que Galicia é a comunidade líder en execución e pago de investimentos nos nove primeiros meses de 2012, cunha porcentaxe do 66.6%, o que implica 24 puntos máis que a media situada nun 42%. Blindar o gasto social sen abandonar os compromisos co investimento real, obxectivo prioritario.
Máis de medio cento de empresas galegas teñen clientes nos Emiratos, rexistrando unhas exportacións que roldaron os 51 millóns de euros en 2011. Entre as empresas galegas establecidas nos Emiratos Árabes Unidos figuran Televés, Finsa, Blue:sens, Islas Industries, Inditex e outras empresas do téxtil.
Os últimos datos do Osimga presentados no Foro Redes Sociais e Comercio Electrónico, revelan que o tecido empresarial galego se adapta ás novas tendencias, apostando polo comercio comercio electrónico e abrindo novas vías para distribuír os seus produtos.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES