O Goberno galego aprobou, por vez primeira, os Plans de investimento das distribuidoras de enerxía eléctrica en Galicia que prevén, ata o ano 2015, arredor de 700 millóns de euros para a mellora da subministración eléctrica. Así o anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión do Consello da Xunta, que abordou un informe da Consellería de Economía e Industria sobre a aprobación destes plans de investimento das instalacións de enerxía eléctrica en Galicia.
Un investimentos de 700 millóns de euros. Este é o compromiso das compañías de distribución eléctrica de investir en Galicia ata o ano 2015 para mellorar a distribución da enerxía na nosa comunidade autónoma, aseverou Feijóo, subliñando que isto nos permite afondar na mellora eléctrica cunha maior planificación e incidindo en que, por primeira vez, Galicia aproba estes plans conxuntamente e publícaos no Diario Oficial de Galicia.
Polo tanto engadiu-, garantimos a transparencia; sabemos con antelación os investimentos aos que están obrigados as compañías; e tentamos defender máis aos consumidores.
Segundo explicou o mandatario galego, non se poderá cobrar a terceiros unha instalación eléctrica, sempre que esta instalación traia a causa a extensión natural da rede e sexa provocada polo crecemento vexetativo da poboación. Cando unha compañía eléctrica teña que mellorar a súa rede de distribución porque hai máis usuarios, iso non se pode repercutir, en ningún caso, nos custos de transferencia nin nos custos de subministración eléctrica nos recibos da luz, asegurou Feijóo, sinalando que o feito da non repercusión dos custos e a obriga de que as empresas distribuidoras teñan que facer fincapé e asumir, con recursos propios, estes investimentos, é fundamental nos momentos de incremento do recibo da luz.
Segundo manifestou o titular da Xunta, os resultados logrados ata o de agora en relación con estes plans de distribución son positivos, conseguindo unha redución de máis dun 50% no tempo de interrupción da subministración con respecto ao ano 2008; así como unha redución de máis do 38% con respecto ás interrupcións. E a pesares diso abondou-, seguimos investindo, [as eléctricas] seguirán investindo e teñen a obriga de investir uns 700 millóns de euros ata o ano 2015.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.