//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.
A Real Academia Galega (RAG) vén de facer pública a súa decisión de dedicar o Día das Letras 2019 a Antón Fraguas Fraguas, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán o vindeiro ano. Antón Fraguas destacou na súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e da cultura galega, así como no seu labor como profesor de instituto, chegando a impartir docencia na Estrada, en Lugo e en Santiago ata a súa xubilación en 1975. Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi un dos máis relevantes persoeiros no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo polos seus traballos como historiador e antropólogo.
Iniciáronse onte as reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021 (ECG21), coa xuntanza na Cidade da Cultura de Galicia, centrada na música, e concretamente na súa vertente de difusión cultural. Nela participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e unha vintena de axentes e representantes de entidades deste ámbito, entre os que estaban a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos ou os Amigos da Ópera de Santiago e de Vigo.
O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar. O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que pronunciou as derradeiras verbas Abride a fiestra que quero ver o mar.
O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution regresa do xoves 5 ao domingo 8 ao Salón Teatro de Santiago para se despedir do público no mesmo escenario no que esta adaptación da obra de Valle-Inclán foi estreada o 12 de abril e onde, por vez primeira, se desenvolverá unha función inclusiva o venres 6. Esta é unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela desta montaxe, dirixida por Xron, que acaba de rematar unha xira de dous meses por outros oito espazos galegos mais o Teatro Español de Madrid.
Na Cidade da Cultura actuaron máis de medio milleiro de músicos dentro do III Festival de Bandas infantís e xuvenís de Galicia, organizado pola Federacíón Galega de Bandas de Música Populares, interpretando todos xuntos o Himno Galego, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proclamara que estas bandas 'están na nosa identidade como pobo'. O Festival está organizado pola FGBMP, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Agadic e a Fundación Cidade da Cultura, e a colaboración de Tolemias.
Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural
La Biblioteca Pública de Lugo acoge la exposición central de las Letras Gallegas 2018, que ahonda en el universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustraciones realizadas sobre ocho obras de la autora. 'María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes' es el título del proyecto expositivo, promovido por la Consellería de Cultura y Educación baja la coordinación del humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor. Después de recorrer la capital de Galicia, Pontevedra y A Coruña, la muestra llega a Lugo para difundir entre la ciudadanía el legado literario de María Victoria Moreno. Para eso, se exhiben ocho paneles con ilustraciones de los personajes principales y de los escenarios de ocho de sus libros.
Personal investigador del grupo de Estudios para la Prehistoria del NW Ibérico-Arqueología, Antigüedad y Territorio de la USC (GEPN-AAT) acaba de publicar el primer análisis detallado sobre el inventario del arte rupestre de Galicia. El estudio aborda cuestiones como el número de rocas que conforman el fenómeno rupestre gallego, su composición temática o su distribución geográfica. Carlos Rodriguez Rellán, Alia Vázquez Martínez y Ramón Fábregas Valcarce evaluaron el Preinventario del Servicio de Arqueología de la Dirección General del Patrimonio Cultural de la Xunta de Galicia.
El Gaiás festeja el Día de la Música con un concierto al aire libre de SondeSeu, la única orquesta gallega de folk contemporáneo y una de las primeras de Europa. Casi medio centenar de músicos se subirán al escenario de la Plaza Central del Gaiás a las 21 horas del 22 de junio para presentar, por vez primera en Galicia, su espectáculo 'Arraianos'. Será en un concierto con entrada libre y gratuita organizado por la Fundación Ciudad de la Cultura con la colaboración de la Agadic. 'Arraianos' conforma una explosión de fuerza y energía interpretativa asentada en la contundencia del sonido propio de SondeSeu.
A xornalista monfortina Julia Otero é a gañadora da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. A premiada afirmou sentirse "abrumada e mandou "un recordo especial" á familia de Couso.
Os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cumpren dúas décadas arredor da normalización lingüística cun programa no que, baixo o subtítulo de Paso a paso, man con man. Deporte e lingua.
Promovida polo Centro de Emprendemento do Gaiás, a iniciativa busca apoiar, formar e pór en valor profesionais e emprendedores do sector cultural e creativo. Nesta primeira edición CREAGAIÁS pon o acento na importancia da marca e imaxe persoal para emprendedores e profesionais do sector creativo, e en como xestionala de forma eficaz a través das redes sociais. Lanzouse un concurso dirixido a instagramers para publicar fotografías relacionadas co emprendemento.
Trinta e cinco palabras lle abondaron a Silvia Camesella Gesteira, natural de Nigrán, para facerse co primeiro premio do concurso de micro-relatos convocado pola Real Academia Galega e PuntoGal, entidades que amosaron a súa satisfacción pola alta participación rexistrada e a calidade dos textos recibidos.
O Roteiro, conducido polo historiador Emilio Grandío, a investigadora María Lopo e a actriz Mabel Rivera, celebrarase o sábado 7 de abril a partir das 11.30 h. cun máximo de 25 prazas previa inscrición. O mércores 11 de abril, ás 20.00 h, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá un coloquio sobre a figura da actriz coa participación de María Lopo, da actriz e investigadora Sabela Hermida e o dramaturgo Ernesto Is, gañador do Premio Rafael Dieste cun texto dramático sobre a vida de María Casares.
As editoriais e produtoras participantes reuniranse na Cidade da Cultura en setembro na procura de novos proxectos en común. No caso das editoriais, poderán presentar un máximo de cinco títulos que participen por primeira vez nesta iniciativa e se correspondan con obras orixinais galegas ou traducións.
Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro.
A premiada Matria, de Álvaro Gago, e os últimos traballos de Beatriz del Monte, Iria Silvosa e Diana Gonçalves conforman a primeira das catro citas programadas ata finais de abril no Auditorio Municipal baixo o epígrafe Sesións de Filmoteca. Vigo é, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes da programación do CGAI.
O Consello da Cultura Galega conmemora cunha exposición o 70º aniversario da lectura do discurso Alba de Gloria de Castelao. Está prevista nos inicios do outono e ten como obxectivo dar a coñecer o contido e orixes do discurso, o ambiente cultural e social da época na colonia galega e as relevantes figuras da cultura de Galicia.
Agadic e o Concello lucense realizan un investimento conxunto de máis de 14.500 euros nas cinco actuacións que o Auditorio Municipal Gustavo Freire acolle ata xuño como espazo asociado a este circuíto. Impulsada pola Xunta en colaboración coas entidades locais asociadas, a Rede ofrecerá ata xuño 346 actuacións en 37 municipios.