
Cambian tamén os horarios de representación no Salón Teatro para se adaptar á temporada de verán: de xoves a sábado, ás 21,00 h., e o domingo, ás 19,30 h.
Para a función inclusiva do venres, contarase con tradución simultánea á linguaxe de signos e programa en lectura fácil, así como con audiodescrición e espazos para cadeira de rodas previa reserva. O pase, para o que se establece un prezo especial único de 5 euros, está organizado en colaboración coa ONCE, a Federación Galega de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión), a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Plataforma Representativa Estatal de Persoas con Discapacidade Física de Galicia (Predif).
Encontro co público
Retómase, ademais, o programa Encontros co Público, que desta volta terá lugar ao finalizar a representación do xoves para lle ofrecer aos espectadores a oportunidade de intercambiar impresións co equipo artístico do espectáculo.
Esta versión, a primeira en idioma galego, de Divinas palabras achega unha ollada actual e crúa da traxicomedia valleinclaniana, ambientada aquí na aldea global fronte a aldea do orixinal. Na versión do CDG os personaxes que interpretan Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez participan nun concurso de telerrealidade, durante o que teñen que convivir nunha casa-plató vixiados polas cámaras as 24 horas.
As entradas para estas catro derradeiras funcións de Divinas Palabras Revolution poden adquirirse de xeito anticipado a través do web entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443, así como no despacho de billetes do Salón Teatro desde dúas horas antes do comezo de cada pase.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.