Noticias

A Galicia Design Week difundirá o deseño galego e internacional na Coruña do 16 ao 24 de maio

A cidade da Coruña acolle do 16 ao 24 de maio o Galicia Design Week, festival dedicado ao deseño e de referencia neste ámbito para todo o noroeste peninsular, que desenvolve a súa sexta edición para promover e difundir a creación galega e internacional do sector. O encontro, codirixido por Marta González Rivas e Álex Rico Caramés, e que forma parte da prestixiosa organización World Design Weeks, ofrece unha ampla programación con acceso gratuíto a un total de 21 actividades. Coloquios, exposicións, sesións musicais e gastronomía conforman unha proposta na que o obxectivo é poñer en valor un eido creativo de gran potencial e transversalidade, entre a creación cultural e a produción industrial.

A iniciativa tamén persegue fomentar o sentido de pertenza e de comunidade, abrir o deseño galego ao exterior, impulsar colaboracións e proxectos comúns, observar boas prácticas e amosar en Galicia traballos paradigmáticos que se fan noutros territorios.

O calendario de actividade estrutúrase en catro eixes: Pro, con 13 conferencias e dous obradoiros no novo Espacio Avenida de Abanca; Show, con dúas exposicións ao aire libre que xa están á vista do público: unha na praza de Lugo, titulada Designed in Galicia e artellada polo Grupo Malasa co mellor deseño do país no último ano, e outra na avenida da Mariña, #NovoDeseñoGalego, que presenta o máis salientable talento emerxente da nosa Comunidade a través dunha instalación do estudio Flu-or; Sessions, a parte máis festiva do evento con varias citas musicais; e Off, que comprende distintas iniciativas realizadas en colaboración con axentes culturais e sociais da cidade.

A liña Show complétase cun showroom, un escaparate dixital de creacións e espazos de artistas de Galicia que tamén dispón dun punto físico destinado a amosar e poñer á venda traballos das protagonistas da zona profesional desta edición, entre as que se atopan nomes tan recoñecidos como a produtora Canada, a tipógrafa Marta Cerdà ‒ambas as dúas procedentes de Cataluña­‒ ou a directora teatral pontevedresa Marta Pazos, último Premio da Cultura de Galicia na categoría de Escena. O apartado musical intégrano DJ Certain People, quen festexará o 10º aniversario do seu selo Certain Music; e DJ Gulya, tamén ilustradora, acompañada das obras visuais de Héctor de la Puente.

R., 2025-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES