Noticias

'Abride a fiestra' homenaxeará a Rosalía os días 14 e 15 de xullo

O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar. O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”.

O titular de Política Lingüística felicitou á fundación pola iniciativa “que contribúe a seguir proxectando a figura rosaliana como figura central das letras galegas, tendo a Padrón como localidade anfitrioa desta celebración pero facéndoa tamén extensiva a outras”.

Participaron canda el o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o alcalde de Padrón, Antonio Fernández; a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e mais as representantes do vermú Petroni e das adegas Paco & Lola, Cristina Codesido e Laura Cachón, respectivamente.

Abride a fiestra terá como previa o venres 13 a inauguración da mostra Rosalía en Carril, no Museo do Ferrocarril desta localidade, recitado e dramatización poéticas e mais concerto; á que seguirá o sábado 14 a Inchadiña Branca Vela, a xa tradicional subida en dorna a vela desde Valga a Padrón organizada en colaboración coa Asociación Cultural Dorna da Illa da Arousa; e o día grande o domingo 15, data do pasamento de Rosalía de Castro, coa xornada de portas abertas Rosalía en Festa na Casa Museo, con concertos, proxección de filmes, poesía, regueifa e feira de produtos rosalianos e visitas guiadas por persoeiros e especialistas rosalianos. Toda a información no web http://rosalia.gal/.

R., 2018-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES