
O seu texto, titulado "Odio as mans frías", foi o mellor valorado polo xurado na xuntanza mantida onte na sede da RAG. Héctor Cajaraville Araújo (Santiago de Compostela) foi recoñecido co segundo premio por "O milagre" e Ceres Serea Manso Acuña (Nigrán) conseguiu un terceiro premio con "Cousas que pasan". Outros dous terceiros premios son para dous menores de idade: Nee Barros Fernández (Marín), de 15 anos, por "Desexo concedido", e Teo Alonso Vidal (Vigo), de tan só 10 anos, por "Unha hora".
Os membros do xurado, Helena Villar Janeiro, Dores Tembrás, Víctor F. Freixanes, Darío Janeiro e Manuel González tras a xuntanza mantida onte. Fonte: RAG
O xurado, composto polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes; o presidente de PuntoGal e académico Manuel González; a escritora e académica correspondente Helena Villar Janeiro; o director xeral de PuntoGal, Darío Janeiro; e a poeta, editora e membro do comité de redacción de Luzes Dores Tembrás, avaliou os case 400 relatos de ata 200 palabras que participaron no concurso convocado no marco dunha campaña para proxectar o galego en Internet. Os cinco gañadores impuxéronse nunha listaxe de 14 finalistas que completan "As liñas das túas mans", "As verbas perdidas", "Clase media 2.0", "Babel II", "Espiritismo", "Lección de xeografía", "Se non tivese medo", "Ratos" e "A derrota".
O primeiro premio consiste nun Ipad e unha cámara goPro, o segundo, nun Kindle e un disco duro externo e o terceiro, nun lote de libros, un dominio gratuíto durante un ano e merchandising de PuntoGal, agasallos estes últimos que tamén recibirán os dous mellores relatos. Tanto os relatos gañadores como os demais finalistas serán publicados.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.