Noticias

O Consello da Xunta aproba a declaración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural

O Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta declaración chega tras recibir os informes favorables dos catro órganos aos que se lle solicitou: o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no proceso de exposición pública para o seu recoñecemento non rexistrou ningunha alegación.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, informou hoxe de que o Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado “o seu valor sobranceiro” como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección.

Calvo explicou que esta declaración chega tras recibir os informes favorables dos catro órganos aos que se lle solicitou: o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no proceso de exposición pública para o seu recoñecemento non rexistrou ningunha alegación.

Deste xeito, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude culmina a tramitación iniciada en 2024 para darlle esta distinción a unha tradición que se celebra en Lugo desde hai máis de tres séculos de xeito ininterrompido, agás no ano 1809 por estar a cidade en poder dos franceses, reunindo a representantes das sete cidades do Antigo Reino de Galicia e das cinco dioceses galegas existentes.

O decreto recoñécelle a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ser un caso singular dentro da cultura e o patrimonio inmaterial da Comunidade ao expoñer de forma única unha tradición secular dos galegos e galegas, así como a evolución da súa unidade como pobo. Consecuentemente, coa súa declaración como Ben de Interese Cultural tense en conta que se está “ante unha celebración na que toda Galicia se ve representada”, xa que “se xunta a parte civil e a eclesiástica” nun só evento que supón ademais un dos últimos expoñentes deste histórico Reino.

Tal e como explicou o conselleiro, a declaración BIC da Ofrenda trae aparellada “varias recomendacións para garantir a protección e transmisión desta cerimonia única”, destacando que se debe “incrementar o volume de investigacions e rexistrar e sistematizar os documentos relacionados co patrimonio”.

Marco histórico e espacial

Anualmente, o domingo seguinte ao Corpus Christi ten lugar en Lugo un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que se compre co voto solemne feito no ano 1669 —ante as dificultades económicas da Catedral de Santa María— de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior.

Desde 1925 ata os nosos días o rito da Ofrenda celébrase do mesmo xeito, nunha misa solemne na que participan por quendas rotatorias anuais os representantes municipais das sete cidades. Precisamente, no decreto recóllese como un aspecto subliñar que a Ofrenda abarca historicamente a toda Galicia, e non só a unha localidade concreta.

Ademais, tamén salienta que se adapta á perfección á definición que dá a Unesco para a salvagarda do patrimonio cultural inmaterial ao reflectir un uso ou expresión que un grupo de individuos recoñece como parte integrante do seu patrimonio cultural, transmitíndoo de xeración en xeración, sendo celebrada constantemente por unha comunidade, supoñendo unha interacción coa súa historia e difundindo un sentimento de identidade e continuidade.

Débese subliñar que se trata dunha tradición ligada á Catedral de Lugo, un ben incluído singularmente na declaración dos Camiños de Santiago do Norte de España, Patrimonio da Humanidade desde o ano 2015 polos seus extraordinarios valores artísticos, históricos e culturais, que mantén o privilexio papal da exhibición permanente do Santísimo Sacramento.

Calvo salientou que con esta declaración “xa son 788 os Bens de Interese Cultura en toda Galicia”. Deles 115 foron declarados desde a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno por protexer, conservar e pór en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade.

Medidas de salvagarda

O decreto aprobado hoxe polo Goberno galego tamén recolle a conveniencia de proceder ao rexistro e sistematización de documentos relacionados con este patrimonio para poder ter unha comprensión máis eficaz e completa e garantir a súa preservación futura, á vez que pór en valor que se está ante un uso social, ritual, cerimonia e acto institucional únicas.

En todo caso, hai que salientar que existen investigacións publicadas sobre a manifestación inmaterial da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia cunha certa entidade, o que a converte nunha das cerimonias que máis estudos monográficos rexistrou na Comunidade Autónoma de Galicia.

R., 2025-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (economia-porcentaxe.jpg) O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou hoxe que o Consello acordou que 'iniciar a elaboración dos orzamentos da comunidade autónoma para o vindeiro ano'. Deste xeito, o Executivo autonómico avaliou un informe presentado pola Consellería de Facenda e Administración Pública sobre a Orde pola que se ditan instrucións para a elaboración dos presupostos de 2026, que marcan as bases do Plan financeiro do Goberno galego para o ano próximo. Calvo resaltou que mentres Galicia 'comeza a traballar nas contas de 2026, o Goberno de España segue funcionando coas de 2023'.
Foto de la tercera plana (ofrenda-antigo-reino-galicia.jpg) O Consello da Xunta aprobou o decreto que declara Ben de Interese Cultural a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, o que supón a aplicación do réxime de tutela da Lei de Patrimonio cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta declaración chega tras recibir os informes favorables dos catro órganos aos que se lle solicitou: o Consello da Cultura Galega, o Museo do Pobo galego, o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e a Facultade de Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela. Ademais, no proceso de exposición pública para o seu recoñecemento non rexistrou ningunha alegación.

Notas

O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar o artigo 'Surname Distribution in Galicia: Population Structure, Dialects, and History' na revista 'Names: A Journal of Onomastics' que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.
A Universidade da Coruña foi sede hoxe da reunión constitutiva do grupo de traballo sobre a descentralización do grao en Medicina, proposto na sesión do 10 de xuño do Consello para a Coordinación da Docencia Clínica en Galicia. Neste primeiro encontro, marcado pola propia creación do grupo, aprobouse a normativa de réxime interno e o calendario de traballo que marcará as liñas de acción de cara aos vindeiros meses.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES