Notas de prensa

Unha escolma de curtas galegas sobre mulleres abre a carteleira do CGAI no Cineclube Lumière de Vigo

A premiada ‘Matria’, de Álvaro Gago, e os últimos traballos de Beatriz del Monte, Iria Silvosa e Diana Gonçalves conforman a primeira das catro citas programadas ata finais de abril no Auditorio Municipal baixo o epígrafe ‘Sesións de Filmoteca’. Vigo é, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes da programación do CGAI.

Vigo volve ser, por terceiro ano consecutivo, unha das sedes externas da programación do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia grazas á colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Cineclube Lumière. Una escolma de curtas galegas, seleccionadas con motivo da recente conmemoración do Día Internacional da Muller, centrará o mércores 21 de marzo a primeira das catro Sesións de Filmoteca que terán lugar ata finais de abril no Auditorio Municipal.

O director da Agadic, Jacobo Sutil, e o presidenta do Cineclube Lumière, Xoán Manuel Novegil, asinaron na Delegación Territorial da Xunta en Vigo un novo convenio de colaboración, mediante o que a asociación repite en 2018 como sede da carteleira do CGAI, xunto coa propia sala da filmoteca na Coruña e os cineclubs Padre Feijoo de Ourense e Valle-Inclán de Lugo.

Como parte deste acordo, mañá poderán verse no Auditorio vigués as curtametraxes Pois iso, que te quero, de Beatriz Belmonte; Atisbos, de Iria Silvosa; Palmira, de Diana Gonçalves; e a galardoada Matria, de Álvaro Gago, con premios no festival estadounidense de Sundance e na Seminci de Valladolid, entre outros. A entrada é libre ata completar a capacidade.

Xa en abril, chegarán a Vigo dúas destacadas producións españolas dentro do que foi o panorama cinematográfico independente en 2017, avaladas pola crítica e por premios en diferentes festivais: Los objetos amorosos (día 12), de Adrián Silvestre, e Ternura y la tercera persona, de Pablo Llorca (día 19).

Esta primeira quenda de proxeccións de 2018 concluirá o 26 abril cunha sesión dedicada aos últimos traballos do galego Alberto Lobelle, na que se inclúen Den Pobedy, sobre a celebración nas ex repúblicas soviéticas do Día da Vitoria contra Alemaña na Segunda Guerra Mundial, e o filme paisaxístico Serra da Capelada.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES