Notas de prensa

Santiago de Compostela súmase ao proxecto As pegadas de Rosalía

Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro.

O alcalde, Martiño Noriega, deu conta da participación de Santiago no proxecto nunha rolda de prensa na que estivo acompañado polos rexedores de Ames, José Miñones, e Brión, José Luis García; a concelleira de Cultura e Turismo de Padrón, Lorena Couso, e o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira. Tamén participou María Luísa Ferreiro, en representación da empresa Galicia es +, promotora do proxecto.

"As Pegadas de Rosalía" toma como referencia a ruta deseñada polo falecido Avelino Abuín de Tembra. Parte da praza de Vigo de Santiago, lugar onde naceu Rosalía de Castro o 24 de febreiro de 1837. Posteriormente discorre por lugares como San Xoán de Ortoño, en Ames, lugar de nacemento do pai de Rosalía e do Seminario de Estudos Galegos; a igrexa de Bastavales, en Brión, cuxas campás foron cantadas pola escritora; e a colexiata de Iria Flavia, o Pazo de Arretén e a Casa de Rosalía, no concello de Padrón. A última parada do roteiro circular é, de volta en Santiago, o Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingo de Bonaval, onde está soterrada a autora.

O Concello de Santiago vén de adherirse ao proxecto denominado "As pegadas de Rosalía", unha Ruta Rosaliana da que tamén forman parte os concellos de Padrón, Ames e Brión. Trátase dun itinerario circular que parte da praza de Vigo e chega ao Panteón de Galegos Ilustres, despois de percorrer lugares vinculados á vida de Rosalía de Castro como San Xoán de Ortoño, a igrexa de Bastavales, en Brión, ou a colexiata de Iria Flavia, en Padrón.

Polo de agora, a ruta de "As pegadas de Rosalía" está concibida para ser percorrida en coche ou en autobús, pero o obxectivo é deseñar itinerarios para que o roteiro poida ser realizado en bicicleta ou mesmo a pé. Nas páxinas web de cada concello participante pódese atopar o folleto do proxecto, así como unha contorna web 360.

Santiago, parte fundamental da ruta

O alcalde recoñeceu hoxe que "non tiña sentido que Santiago non participara nesta ruta de interese cultural e turístico, porque a pegada de Rosalía en Compostela é evidente, como tamén o é a pegada de Compostela na obra da escritora". Martiño Noriega tamén reivindicou a figura de Rosalía "como icona e lugar de encontro no país".

Nesa idea incidiron tamén os representantes dos outros concellos, que tamén agradeceron que o Concello de Compostela decidira sumarse ao proxecto e gabaron a unidade de acción entre os catro municipios nesta iniciativa.

O alcalde de Ames, José Miñones, quixo lembrar que Rosalía ten un forte vínculo co seu concello porque "aquí está a casa onde naceu o seu pai, foi tamén onde xurdiu o Seminario de Estudos Galegos, e quedan moitos lugares rosalianos por descubrir, sobre todo nas ribeiras do Sar". Pola súa parte, o alcalde de Brión, José Luis García, reivindicou o símbolo "das campás da Igrexa de Bastavales, que aparecen en Cantares Gallegos, e que aínda se poden escoitar a día de hoxe". Por último, a concelleira de Turismo e Cultura de Padrón, Lorena Couso, incidiu en que "os catro concellos que participan no proxecto non tiveron que inventar nada, só foi preciso poñer en valor o patrimonio rosaliano que sempre estivo aí". Tamén apuntou que "Rosalía é un dos principais sinais de identidade de Padrón, un pobo pequeno en habitantes e extensión pero que pode presumir de ser o berce da autora de Follas Novas, de Camilo José Cela e do fenómeno xacobeo".

Na presentación participou tamén o presidente da Fundación Rosalía de Castro, que presta asesoramento para o desenvolvemento do proxecto "As pegadas de Rosalía". Anxo Angueira cualificou de "felicidade que Santiago se sume a este proxecto, que celebra as cousas que nos unen, como o río Sar, o Camiño de Santiago ou a propia figura de Rosalía". Tamén se mostrou convencido de que a Ruta Rosaliana "achéganos á figura da escritora, pero tamén á historia de Galicia, á súa arte e á súa natureza". O presidente da Fundación Rosalía rematou lembrando a Avelino Abuín de Tembra que, dixo, "foi o primeiro en ter a idea de crear unha ruta polos lugares rosalianos".

"As Rosalías da Vida"

Na rolda desta mañá tamén se presentou o evento "As Rosalías da Vida", que se vai celebrar o 26 de marzo coincidindo co Día do Cancro Uterino, enfermidade da que faleceu a autora. Trátase de visitas teatralizadas á Casa Museo de Rosalía en Padrón, unha ás 18:00 e outra ás 19:00 horas. As dúas terán prazas limitadas, e é preciso inscribirse a través do teléfono 646 593 319 ou no correo electrónico turismo@padron.gal.

No mesmo día, ás 20:00 horas, haberá unha mesa redonda aberta ao público, con relatoras identificadas como "As Rosalías da Vida", que representarán a todas esas mulleres que se senten "un pouco Rosalías". Este último acto é aberto ao público ata completar aforo.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2018-03-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES