Notas de prensa

O Plan de dinamización do galego na mocidade inclúe o deporte como ámbito prioritario

Os Encontros para a Normalización Lingüística, organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do CCG coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, cumpren dúas décadas arredor da normalización lingüística cun programa no que, baixo o subtítulo de “Paso a paso, man con man. Deporte e lingua”.

Quérese facer balance do camiño andado e tamén servir, unha vez máis, de foro de intercambio de experiencias, presentación de proxectos e propostas de futuro Así, daranse cita na sede do Consello da Cultura Galega especialistas en lingua galega e profesionais do ámbito do deporte, así como representantes de federacións, clubs e outras entidades vencelladas a el para ofrecer relatorios e coloquios que afondarán no traballo técnico e nas experiencias e boas prácticas de dinamización do idioma neste eido. Máis información en http://consellodacultura.gal/evento.php?id=200673.

Espello Deportivo (2013), na Artesa

Parello a estas propostas, os encontros ofrecen unha nova edición do coñecido espazo Artesa que configura unha exposición de paneis que dan mostra das iniciativas recoñecidas relacionadas co traballo en lingua e deporte impulsado desde diferentes institucións, entre elas a Xunta de Galicia.

Concretamente, dáse conta do programa de dinamización lingüística Espello Deportivo que, no ano 2013, impulsaron as secretarías xerais de Política Lingüística e para o Deporte, en colaboración coas deputacións da Coruña e de Ourense, para levar a 36 concellos galegos encontros con deportistas de elite (Chano Rodríguez, Sofía Toro e Juan Antonio Saavedra) e co actor, director e produtor audiovisual ourensán Rubén Riós, destinadas á mocidade no marco da programación de actividades que puxo en marcha ese ano a Rede de Dinamización Lingüística.

Colaboración co Consello a Cultura Galega

A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, forma parte da comisión organizadora dos Encontros para a Normalización Lingüística. Ademais, mantén un marco estable de colaboración co Consello da Cultura Galega en materia de promoción do uso da lingua propia de Galicia desde 2010, plasmado nun convenio entre ambas as institucións que se renova anualmente.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-04-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES