
A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), en colaboración coa Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Asociación Galega de Editores (AGE), promove a terceira edición do programa Firma e Filme para por en contacto editoriais e produtoras co obxectivo de estudar a adaptación de obras literarias galegas ao noso audiovisual.
Con tal fin, ábrese ata o 6 de abril o prazo de inscrición para que as empresas editoriais acheguen información sobre a súa oferta dispoñible, indicando o xénero, o público potencial e o formato proposto para as versións audiovisuais, así como para que as produtoras especifiquen as súas necesidades e intereses nestes mesmos apartados.
No caso das editoriais, poderán presentar un máximo de cinco títulos que participen por primeira vez nesta iniciativa e se correspondan con obras orixinais galegas, traducións ou reedicións de textos publicados entre 2016 e 2018. Así mesmo, teñen de prazo ata o 11 de abril para enviarlle á organización dous exemplares de cada obra inscrita.
A partir desa data, porase en marcha un proceso de análise das posibilidades de adaptación de cada título a nivel cinematográfico ou televisivo de acordo cos distintos xéneros e públicos. Ademais, farase un estudo exhaustivo dos intereses e as posibilidades das produtoras e iniciaranse os contactos con ambas partes para intercambiar impresións. Finalmente, organizarase unha axenda de reunións bilaterais de carácter executivo, que terán lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, en setembro.
A Agadic creou o programa Firma e Filme en 2015 co fin de poñer en valor dous importantes ámbitos creativos da cultura galega, o das imaxes e o das letras, a través dun proxecto conxunto que busca impulsar unha maior presenza da literatura galega tanto na pequena como na gran pantalla. Nas súas dúas anteriores edicións participaron 65 empresas de ambos sectores, que levaron a cabo máis de cen reunións executivas arredor de 84 títulos propostos.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.