Noticias

No Buxiganga da Deputación de Lugo participarán 400 actores afeccionados en 50 concellos da provincia

Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural”

García Porto explicou que “co Buxiganga 2018 participarán 400 actores de teatro afeccionado en 50 Concellos da Provincia, nun total de 109 actuacións. Con esta iniciativa que promove o teatro afeccionado na provincia de Lugo, dende a Deputación cumprimos un dobre obxectivo: promocionar o teatro afeccionado, debido á grande cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, e dinamizar cultural, social e economicamente os municipios da provincia, especialmente os do rural”.

O Buxiganga está dirixido a municipios e asociacións sen ánimo de lucro da provincia, que solicitan a celebración de actuacións, e as agrupacións de teatro son as que representan as obras nos Concellos e entidades que o solicitan.

109 actuacións en 50 Concellos da Provincia

O Buxiganga, cun orzamento de 70.000€, chegará este ano a 50 localidades da provincia con 109 actuacións, son as seguintes: Alfoz (3 actuacións), Baralla (1 actuación), Barreiros (2 actuacións), Becerreá (2 actuacións), Begonte (2 actuacións), Bóveda (3 actuacións), Burela (2 actuacións), Carballedo (2 actuacións), Castroverde (2 actuacións), Cervo (6 actuacións), O Corgo (2 actuacións), Chantada (2 actuacións), Folgoso do Courel (2 actuacións), Foz (5 actuacións), Friol (2 actuacións), Guitiriz (2 actuacións), Guntín (1 actuación), O Incio (2 actuacións), Láncara (2 actuacións), Lourenzá (2 actuacións), Lugo (1 actuación), Meira (4 actuacións), Monforte (2 actuacións), Muras (2 actuacións), As Nogais (2 actuacións), Outeiro de Rei (1 actuación), Palas de Rei (1 actuación), Pantón (2 actuacións), A Pastoriza (2 actuacións), A Pobra do Brollón (1 actuación), Pol (3 actuacións), A Pontenova (1 actuación), Portomarín (2 actuacións), Quiroga (2 actuacións), Rábade (2 actuacións), Ribas de Sil (2 actuacións), Ribeira de Piquín (1 actuación), Riotorto (2 actuacións), Samos (1 actuación), Sarria (4 actuacións), Sober (1 actuacións), Taboada (4 actuacións), Trabada (2 actuacións), Triacastela (1 actuación), O Valadouro (4 actuacións), O Vicedo (4 actuacións), Vilalba (2 actuacións), Viveiro (3 actuacións), Xermade (1 actuación) e Xove (2 actuacións).

Participarán 40 grupos de teatro da provincia con 400 actores afeccionados

- ALFOZ; Grupo Humorístico Trípode “A panxoliña máis fermosa”
- ANTAS DE ULLA; Grupo de Teatro da Biblioteca Municipal “A farsa do Bululú”
- BARALLA;A Rabela Teatro “As consultas do Doutor Baldomero Bautista”
- BARREIROS; Colectivo Cultural Ollomao “Enciclopedia Álvarez”
- BURELA; O Torques “Donde as dan as toman”
- CASTRO DE REI; Os Baluros “Menciñeiro á forza”, e Os Trocos “Farsa plautina”
- CERVO; A Mariña “Eres único: teatro contra o bullying”; Ardora “Amor filial”; O Bordelo “Depende”
- CHANTADA; Argalleiras Teatro “Comedia bífida”; Centro Teatral Faro-Miño “Langreira de amor”; Sacarina “Madialeva”
- FOZ; A Adala “ Elixir de xuventude”; A Adala Infantil “Mamasiña que medo!”; Axóuxeres “Non casei con todos”; O Batán “Bicos de vinagre”; O Centiño “Zume de amorodios”; Pico do Castro “Matías está tolo”
-GUITIRIZ;Torta de Millo “Innoveitin… ou algo”
- LUGO; Achádego Teatro “Balas sobre Broadway”; Curuxan “Improdecente”; Grupo de; Teatro Down “Soño dunha noite de verán”; Hipócrita Teatro “Hotel Desencanto”; NostrumCai “ROMANI ITE DOMUM”; Nova Escena Teatro “As fillas de Eva”; Os Palimoquiños “Borralliña”; Os Pinchacarneiros “A ola de ouro”; Teatro Lucho Hospital Xeral-Calde “O parto de Calandrino”, Ti e máis Eu Teatro “A troita do rio…”
- MONFORTE; Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino “Os intereses creados”; Teatreir@s ”Cumprimento de contrato”
- MONTERROSO; A Peneda “A cea dos idiotas”; Escola de Teatro Falcatrueiros “As monxas e a María”
- PALAS DE REI; Alentía Teatro “Manancial de fantasía”; Metátese Teatro “O Euromillón”
- POL; Unidade do Zono “Tren a Nápoles”
- PONTENOVA; Lume Escénico “Hotel Rosamar”
- RIBAS DE SIL; Grupo de Teatro Augas do Sil “Un día nas portas do ceo”
- SARRIA; Rebuldeira Teatro “Delicadas”


Balance 2017

A Deputada de Cultura lembrou que no Buxiganga 2017 inscribíronse 35 grupos de teatro e 64 entidades solicitantes: 30 asociacións e 34 Concellos. Isto produciu que se realizaran 105 actuacións en 44 localidades da provincia, nas que participaron preto de 380 actores e actrices.

R., 2018-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES