Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega prepara unha exposición sobre o Alba de Gloria, de Castelao

O Consello da Cultura Galega conmemora cunha exposición o 70º aniversario da lectura do discurso Alba de Gloria de Castelao. Está prevista nos inicios do outono e ten como obxectivo dar a coñecer o contido e orixes do discurso, o ambiente cultural e social da época na colonia galega e as relevantes figuras da cultura de Galicia.

Alba de Gloria está considerada unha das pezas máis importantes da oratoria en lingua galega. Castelao pronunciou este discurso o 25 de xullo de 1948 en Bos Aires (Arxentina) diante de centos de membros da diáspora galega. A súa lectura supuxo un enorme impacto entre as comunidades de emigrantes da época. Desde entón, Alba de Gloria continúa a ser un referente simbólico para falar de Galicia, a súa cultura e a súa historia. O Consello da Cultura Galega quere, con esta exposición, contribuír á difusión da figura e a obra de Castelao, especialmente entre as novas xeracións.

Medallas do Consello

O Plenario do Consello aprobou a proposta da Comisión Executiva de recoñecer os méritos e apoios prestados á cultura galega, en especial no exterior, coa concesión das primeiras medallas da institución a Ana Paula Laborinho, directora do Instituto Camões (2010-1017), a Pablo Figueroa Dorrego, conselleiro laboral na Embaixada de España en Brasilia (2012-2016), e, de forma extraordinaria e a título póstumo, a Francisco Lores Mascato, presidente da Federación de Sociedades Galegas e impulsor do Museo da Emigración, en Bos Aires.

Renovación de membros do Pleno

Ademais, o Pleno aprobou a renovación dos membros designados polas institucións que o compoñen, de acordo coas quendas establecidas. Deste xeito, Alicia Estévez Toranzo é a nova representante da Real Academia Galega de Ciencias, Xurxo Gómez Silvestre representará á Fundación Penzol, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés ao Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (Consello Superior de Investigacións Científicas) e Ángeles Penas Truque ao Consello Galego de Museos.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2018-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES