//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
O título da nova exposición de Angela de la Cruz fai referencia a Homeless (Sen fogar, 1996), unha das primeiras obras que realizou a artista rompendo o bastidor que contén o lenzo para converter en tridimensional a peza plana, borrando os límites entre a pintura e a escultura. En palabras da artista é unha escultura utilizando a linguaxe da pintura e viceversa. É unha pintura e unha escultura. O título tamén suxire un tema que segue sendo tan importante hoxe como o foi hai máis de vinte anos e que se vencella coa preocupación da artista pola actualidade, a desigualdade social, a situación política ou os efectos do cambio climático. Outra característica da súa obra é a continua reciclaxe que fai dela e que nesta mostra ten a súa expresión na peza Extensión.
A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago converterase esta semana nun resort vitivinícola para acoller a premiada comedia O furancho, da compañía Ibuprofeno Teatro. Marián Bañobre e Isabel Risco son as protagonistas desta montaxe, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso, que poderá verse en Compostela do xoves 21 ao domingo 24. Marián Bañobre encargouse de deseñar o vestiario, ademais da escenografía xunto a Santiago Cortegoso, como parte do equipo artístico do que tamén formaron parte Carmela Bueno (movemento escénico), Salvador del Río (deseño de iluminación) e Radio Cos (música), entre outros profesionais.
O Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza este ano a súa vixésimo quinta edición cunha nova programación que se desenvolverá entre o martes 19 e o venres 22 coa participación de compañías galegas, de Italia e Lituania. Organizado pola Aula de Teatro da USC, o festival conta un ano máis co respaldo da Deputación da Coruña. O Festival subirá o pano o martes 19 da man da Compañía da Aula de Teatro da USC coa representación de A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour, cunha duración de 47 minutos. A obra propón unha reflexión sobre o medo e como este pode condicionar a vida das persoas.
O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI)- Filmoteca de Galicia inicia o vindeiro martes 19 o ciclo Tan poderoso coma o amor, titulado como o libro que o escritor coruñés César Antonio Molina acaba de publicar no selo Destino. Este volume afonda no sentimento amoroso a través dunha escolma de cen clásicos do cinema mundial que van desde Camille (1921), de Ray C. Smallwood, ata La correspondencia (2016), de Giuseppe Tornatore, e que lle serven ao seu autor para reflexionar sobre o amor en clave filosófica, analizando como a sétima arte tratou o tema practicamente desde o seu nacemento. Con tal motivo, o escritor e os programadores da filmoteca galega seleccionaron os 11 títulos deste programa entre as películas do devandito volume.
A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar hoxe a segunda semana de Escenas do cambio, o festival de inverno de teatro, danza e arte en acción do Gaiás, e faino cunha peza creada ex profeso para a escaleira helicoidal do Museo do Pobo Galego por Isidoro Valcárcel (Murcia, 1937), un dos pioneiros da performance en España e que conta cunha traxectoria creativa de máis de 40 anos que lle valeu os máximos recoñecementos como son o Premio Nacional de Arte e Premio Velázquez de Artes Plásticas. A presenza de Isidoro Valcárcel completouse cun obradoiro durante a primeira semana do festival.
O Centro Dramático Galego (CDG) contará cun elenco integramente feminino para a súa nova produción propia, Neorretranca e posmorriña, que se estreará o vindeiro 11 de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela baixo a dirección escénica de Gena Baamonde. As intérpretes Ánxela Blanco, Areta Bolado, Olga Cameselle, Mercedes Castro, Raquel Espada, Anabell Gago, Atenea García, Andrea Quintana, María Roja e Laura Villaverde foron as seleccionadas para encarnar todos os personaxes das dúas pezas que lle darán forma ao espectáculo: Fantasía nº 5 en sol ou non, de Esther F. Carrodeguas, e Boisaca ou a divina desgraza, de Roi Vidal Ponte.
A primeira rolda de votacións das e dos académicos galegos sitúa aos filmes A sombra da lei e Trote como as producións máis votada entre as 167 que se presentaron aos XVII Premios Mestre Mateo, acaparando 15 candidaturas cada unha. A unha certa distancia sitúanse a serie O sabor das margaridas con 8, a longametraxe Contou Rosalía con 7, e o programa Land Rober Tunai Show e o documental Versogramas con 4 cada unha. A sombra da lei opta a facerse co galardón á mellor longametraxe, mellor dirección para Dani de la Torre e todas as categorías profesionais ás que optaba -dirección de arte, dirección de fotografía, dirección de produción, guión, maquillaxe e perruquería, montaxe, son, música orixinal e vestiario-.
O Festival de inverno de teatro, danza e arte en acción da Cidade da Cultura, Escenas do cambio, levanta mañá o pano no Gaiás para dar a coñecer durante dez días as propostas máis innovadoras e arriscadas das creacións da vangarda internacional Vera Mantero, Ligia Lewis, Tino Sehgal, María Salgado & Fran MM Cabeza de Vaca, François Chaignaud, Marco Berrettini e MOTUS; da española Esther Ferrer e Isidoro Valcárcel e como non, da galega.
Iníciase a andaina exterior do catálogo Shorts from Galicia 2019 no Festival de Court Métrage de Clermont-Ferrand (Francia), o principal encontro internacional para os profesionais que se dedican á produción, difusión e distribución de curtametraxes. Realizada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a pubicación ofrece na súa nova edición unha escolma de seis títulos: Maullidos de látex, de Brian Rodríguez; Limbo, de Daniel Viqueira; Soy una tumba, de Khris Cembe; A nena azul, de Sandra Sánchez; La noche, de Martín Romero; e El Espectrorum, de Judith Adataberna. Ademais, a curta de animación Soy una tumba foi seleccionada polo festival de Clemont-Ferrand para competir dentro da súa sección internacional.
FEST Galicia compite na candidatura de mellor activación de marca xunto a outros nove finalistas nesa mesma categoría, entre os que se atopan as campañas desenvolvidas por importantes firmas comerciais, algunhas delas mesmo en eventos galegos, como son Super Bock no SonRías Baixas e Estrella Galicia no Festival Sinsal. No caso de FEST Galicia, a valoración realizouse sobre o traballo global levado a cabo durante o pasado verán nos seus 10 festivais galegos adheridos, a través de accións relacionadas coa sostibilidade ambiental, a igualdade, a promoción da lingua e a difusión de programas destinados á mocidade. Os Iberian Festival Awards premian o labor dos festivais que se organizan en España e Portugal, seleccionando 10 entidades en cada categoría.
Organizada por Xermolos e a Irmandade Manuel María, no Pedregal de Irimia (Meira), comprenderá a entrega de MANS DE IRIMIA, obra do escultor meirego Manolo Pardo, á memoria de Xabier Puente Docampo e á de José da Flor. Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) dará lectura ao Manifesto da Festa, e os actos rematarán ás 16:30, na Praza do Concello, cun festival a cargo das Pandeireteiras Nove Ferreñas de Meira e outras agrupacións musicais.
Destacados especialistas no ámbito da historia antiga, das relixións e da arqueoloxía reuniranse en Santiago entre este mércores 19 e o venres 21 no congreso internacional Prisciliano e Gallaecia: arqueoloxía e textos, organizado polo grupo de investigación da USC Síncrisis: investigación en formas culturais, grupo de referencia competitiva da Xunta de Galicia baixo a coordinación do profesor Pedro López Barja de Quiroga.
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá organiza un ano máis, e xa son 40, a Semana de Cine de Autor de Lugo, que ata o 21 de setembro proxectará na Cidade das Murallas máis de 165 cintas de países de todo o mundo organizadas en 13 ciclos: Sección oficial, Ciclo infantil, O mellor do ano, E para comer... Lugo, Arte e cine, Ciclo Cáceres, Grandes historias, Sección especial, Encontros de cine, Cine nostálxico, Curtas de cine e Cine galego. A Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo botou a andar en 1979.
O Auditorio Municipal de Ourense acolle este xoves 20 e o venres 21 a estrea de Celebración. A gran noite, espectáculo co que a compañía Sarabela Teatro leva a escena un texto de Fernando Dacosta baixo a dirección do vigués Dani Salgado. Fina Calleja, Nate Borrajo, Sabela Gago, Elena Seijo e Fernando Dacosta interpretan a nova proposta da compañía ourensá, na que se verán os deseños de José Faro (escenografía), Baltasar Patiño (iluminación), Ruth Pereira (vestiario) ou Raquel F. Fidalgo (maquillaxe e caracterización).
As Feiras e Festas das San Lucas celébranse en Mondoñedo dende o ano 1.156, e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das máis antigas de Europa. Foi naquela época, concretamente o 9 de novembro de 1156, cando o rei Alfonso VII concede a Vilamaior (Mondoñedo), o titulo de cidade, o que conleva feira mensual nas calendas así como unha feira anual de 8 dias por Santa María de agosto (orixe das feiras). O cabalo é o protagonista indiscutible desta cita, que comeza o 17 de outubro.
A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical Contos do Recreo, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo A Nena Que Quería Navegar, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.
El Outono Códax Festival volverá el próximo 19 de octubre en la que será la octava edición del festival gallego de música negra. Y lo hará, un año más, acercando a Galicia lo mejor del género a través de su formato habitual, un ciclo de cinco grandes conciertos en el que combinará los sonidos más selectos del soul, el rythm&blues, el swing, el funk y el rock´n roll clásico. Como es habitual, el festival gallego de música negra completará su propuesta musical con distintas actividades paralelas.
O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.
Os dominios dos grandes cabaleiros galegos, os tesouros históricos que ocultan as grandes montañas de Galicia ou os vales e canóns cheos de igrexas, petróglifos ou castros son parte dun escenario paisaxístico e cultural que marcan parte da historia galega. Unha historia que está feita en pedra de indómitos castros, de nobres, de guerrilleiros, de monxes ou de ánimas e mouros que configuran un conxunto de tradicións únicas en España.
A Praza Central do Gaiás transformarase nun grande escenario para acoller a XV Romaría Coral Galega o vindeiro domingo 16 de setembro ás 18.30 horas. Case 800 coralistas, procedentes de 34 agrupacións de toda Galicia, encherán de música a Cidade da Cultura de Galicia, interpretando de maneira conxunta pezas do cancioneiro popular galego e internacional e obras de autores clásicos.