
Este sábado, 22 de setembro, vaise celebrar no Pedregal de Irimia, primeiro manantial onde nace o RÃo Miño, a VI edición da FESTA DA AFIRMACIÓN E DIGNIDADE, organizada por Xermolos e a Irmandade Manuel MarÃa, coa colaboración do Concello de Meira.
Os actos comezarán ás 12, coa lectura do Manifesto da Festa por Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), que será seguido da lectura de comunicados da Irmandade Manuel MarÃa, Adega, Presos nacionalistas galegos, Asociación Avelino DÃaz e outros colectivos.
No Pedregal faranse entrega de MANS DE IRIMIA, obras do escultor meirego Manolo Pardo, á Memoria de Xabier Puente Docampo, polo representante da Irmandade Manuel MarÃa, e a José da Flor, por parte de Ermitas RodrÃguez Gómez, da Asociación Cultural M de Meira.
Ãs 14,30, terá lugar o xantar comunitario nos Cabanóns de Meira. Os actos pecharanse ás 16,30, na Praza do Concello, cun Festival coas Pandeireteiras Nove Ferreñas, de Meira, e outras agrupacións musicais.
Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino hÃbrido E-Dixgal. A ConsellerÃa de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saÃr outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP PenÃnsula da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Durante seis dÃas do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da rÃa de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.