Notas de prensa

Este luns terá lugar a inauguración oficial da XL Semana de Cine de Autor de Lugo e a presentación do libro '40 SEMANAS DE CINE EN LUGO'

O próximo luns vai ter lugar a inauguración oficial da XL edición da Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, en breve acto que se celebrará ás 22,45 h. no Auditorio Gustavo Freire, con asistencia de autoridades representantes dos organismos copatrocinadores: Deputación Provincial de Lugo, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.

De seguido, efectuarase a proxección da primeira das películas a concurso dentro da Sección oficial, TÓDALAS MULLERES QUE COÑEZO, que será presentada pola súa directora Xiana do Teixeiro. A película foi rodada en Lugo, con participación de lucenses que asistirán á proxección.

Nesta xornada inaugural, ás 19,00 h., na sala da Deputación Provincial, vaise presentar o libro 40 SEMANAS DE CINE EN LUGO, orixinal de Manuel Curiel e Xulio Xiz, que resume e analiza a traxectoria da Semana de Cine desde o seu nacemento en 1979 ata o momento actual. Con motivo desta Semana tamén se vai publicar o libro homenaxe á actriz de orixe lucense Rosario Durcal.

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, 2018-09-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES