Notas de prensa

Redrum Teatro estrea “Contos do Recreo”

A compañía Redrum Teatro estrea a comedia musical “Contos do Recreo”, o vindeiro domingo 23 de setembro ás 12.00 h. no Auditorio Municipal de Ourense. Trátase dun proxecto multidisciplinar composto por un espectáculo teatral e un álbum ilustrado co mesmo nome. Está dirixido a público familiar e conta cun grande contido educativo, xa que trata de concienciar sobre as consecuencias do acoso escolar, tal e como xa fixera no seu anterior espectáculo “A Nena Que Quería Navegar”, pero desta vez centrándose na figura dunha nena acosadora.

Redrum considera que as nenas e nenos que exercen acoso son tamén vítimas, xa que se trata de condutas de imitación e/ou autodefensa, e trata, con este proxecto de concienciar sobre os seus efectos.

Alicia é unha rapaza que goza mofándose das súas compañeiras. No recreo previo ao exame máis importante do curso aparece nun lugar máxico habitado por Xacobe, a estrafalaria estatua que custodia a porta que coroa o lugar. Para poder saír de alí e chegar ao exame, Alicia terá que resolver os enigmas e superar as probas que se agochan tras a porta dos recreos pasados presentes e futuros.

Redrum Teatro é unha compañía compostelá con dez anos de traxectoria que conta no seu currículo con espectáculos dirixidos a público adulto como “Noiteboa”, “Currículum Vitae” ou “A Canción do Elefante” e tamén dirixidos a público familiar como “Moito Conto”, “Roedores” ou “A Nena Que Quería Navegar”, estes dous últimos nomeados na categoría de Mellor Espectáculo Infantil nos Premios de Teatro María Casares.

Redrum Teatro, 2018-09-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES