//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Foi presentada na capela de San Fiz de Solovio, a mostra itinerante O FIN DO CAMIÑO, organizada polo Colectivo Egeria, e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo. Estiveron presentes no acto Segundo Pérez, deán da Catedral de Santiago, Cecilia Pereira, comisaria do Xacobeo 2021, Isaías Calvo, director da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e Xulio Xiz, presidente do Colectivo Egeria. Os textos da exposición están redactados en galego, castelán e inglés para xeral comprensión, xa que está dirixida especialmente aos peregrinos, e así a súa programación vai incluír numerosos puntos dos Camiños de Santiago, comezando polos fitos do Camiño Francés en Galicia.
Dous escritores son os gañadores da XXXI edición do Premio Torrente Ballester de narrativa da Deputación da Coruña. Nesta nova convocatoria, Antón Riveiro Coello con 'As liñas do paraíso' e Alex Alonso con 'Crónica denigrante' repartiranse o premio mellor dotado da literatura galega. O escritor Luís Valle, a investigadora e crítica Chus Nogueira, o escritor e editor, Manuel Bragado, a profesora Pilar Ponte e o gañador da anterior edición do premio, Xavier López, co deputado de Cultura, Xurxo Couto como presidente e Xefa de Servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat como secretaria formaron parte do xurado que decidiu conceder conxuntamente o premio Torrente Ballester ás obras tituladas As Liñas do paraíso e Crónica denigrante.
A Fundación Camilo José Cela está a celebrar o III Encontro de Escritores de Iria Flavia, coordinado pola escritora e crítica literaria Care Santos. Trátase dunha cita na que autores, literatura e vangarda uniranse no marco do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego. As instalacións da Fundación acollen diversas mesas redondas, moderadas polo catedrático de Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo Vázquez, e polos xornalistas Ernesto Sánchez Pombo, Laura Revuelta, Sergio Vila-SanJuán e Blanca Berasátegui, e nas que participarán unha vintena de escritores como Antonio Álamo, Ledicia Costas, Xosé Carlos Carneiro, Estíbaliz Espinosa, Carlos Castán ou Lucía Etxebarría, entre outros.
O Galician Film Forum (GFF) celebrará a súa undécima edición, titulada Shorts Edition, cun programa centrado en curtametraxes do audiovisual galego que viron a luz recentemente. A actividade terá lugar o venres, 22 de novembro, na universidade King´s College London [19 h, Edmond J Safra Theatre, Strand Campus, WC2R 2 LS]. Os títulos seleccionados para a ocasión son A nena azul de Sandra Sánchez, Marusía de Pedro Sancho, Son unha tumba de Khris Cembe, Limbo de Daniel Viqueira e Beautiful Boy de Fran X. Rodríguez. Ademais, tras as proxeccións o público terá a oportunidade de manter un coloquio coa directora e montadora Sandra Sánchez.
A Fundación Camilo José Cela celebra desde mañá o III Encontro de Escritores de Iria Flavia, coordinado pola escritora e crítica literaria Care Santos. Trátase dunha cita na que autores, literatura e vangarda uniranse no marco do 30 aniversario da concesión do Premio Nobel ao escritor galego. As instalacións da Fundación acollerán diversas mesas redondas, moderadas polo catedrático de Literatura Española da Universidad de Barcelona, Adolfo Sotelo Vázquez, e polos xornalistas Ernesto Sánchez Pombo, Laura Revuelta, Sergio Vila-SanJuán e Blanca Berasátegui, e nas que participarán unha vintena de escritores como Antonio Álamo, Ledicia Costas, Xosé Carlos Carneiro, Estíbaliz Espinosa, Carlos Castán ou Lucía Etxebarría, entre outros.
Fillos do sol é unha peza teatral emotiva e divertida sobre os derradeiros anos de Eduardo Pondal, inspirada no autor e na obra que o ocupou toda a súa vida como obsesión: Os Eoas, escrita e dirixida por Cándido Pazó, con César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez e destinada a público desde os catorce anos. A peza, a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, presenta a un Pondal desdobrado nun D. Eduardo que, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, que non é outro ca el mesmo, de mozo. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a criada nova da pensión na que o bardo pasou a derradeira etapa da súa vida.
O Centro Galego de Arte Contemporánea acolle desde hoxe a exposición temporal Work (always) in progress do artista portugués Pedro Cabrita Reis. A mostra poderá ser visitada neste espazo de difusión cultural até o vindeiro 2 de febreiro de 2020. Susana González e Santiago Olmo son os comisarios desta exposición que se artella a partir dun núcleo central, cunha selección de máis de 30 pezas datadas desde 2006 a 2019, e outras dez realizadas especificamente no museo e para a ocasión, utilizando materiais industriais e obxectos atopados. En síntese, este traballo parece xurdir dun diálogo entre o gusto pola factura industrial do minimalismo e o tratamento e selección de materiais desde unha sensibilidade próxima á arte povera italiana.
O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo pecha a súa edición con maior número de participantes da súa historia. O FIOT, que desenvolveu a meirande parte da súa actividade entre o 27 de setembro e o 1 de novembro, acadou a cifra de 16.273 participantes, un dato que consolida á cita como o maior festival de teatro de Galicia. Nesta edición, na que o FIOT puxo o foco no teatro social e subiu ao escenario novas miradas sobre realidades como as violencia machistas, a identidade sexual, a xenofobia ou a soidade, co obxectivo de interpelar ao público, o festival obtivo a nota media máis alta da súa historia: un 4,44 sobre 5.
Presentouse hoxe en rolda de prensa 'O rueiro das liortas', da compañía Elefante Elegante, a nova proposta da campaña 'Nós contra a violencia', que ten como obxectivos promover o uso do galego e sensibilizar contra a violencia de xénero, os micromachismos e a desigualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Bota a andar en dez concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) esta proposta teatral coa que se busca, desde os espazos e tempo de lecer das familias, incidir e sensibilizar en contra da violencia de xénero e de calquera tipo de comportamento sexista e a favor da promoción social da nosa lingua.
A exposición no Gaiás para xogar coa arquitectura, Argallar, pechou esta pasada fin de semana con máis de 14.400 persoas en tan só 51 días que estivo aberta. Deste número, un total de 2.500 visitas foron escolares procedentes de medio cento de centros de toda Galicia. A Cidade da Cultura convidou desde o pasado 13 de setembro e ata o 10 de novembro a familias e colexios a achegarse a xogar coa arquitectura no Museo Centro Gaiás. A cativada que acudiu durante este período construíu e interactuou con figuras e pezas xeométricas, unhas veces dun xeito pautado e outras, desde unha perspectiva totalmente libre e autónoma.
Pontedeume acollerá este sábado 22 de xuño a terceira edición da feira Primavera no Camiño Inglés, que volverá a reunir aos dezaoito concellos polos que discorre este itinerario xacobeo nun gran evento organizado pola Deputación da Coruña co obxectivo de promocionar os múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e gastronómicos desta ruta, que conecta Ferrol e A Coruña con Santiago de Compostela.
Os preto de 70 alumnos dos catro centros educativos de Cangas, Cercedo-Cotobade, O Rosal e Fene que participaron na edición 2018-2019 do programa Cinema en Curso estrearon hoxe no Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI)-Filmoteca de Galicia os filmes que realizaron co acompañamento dos cineastas Ángel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño.
O escritor coruñés Rafa Vilar (Cee, 1968), vén de gañar coa obra Os outros oficios (presentada baixo o lema "Clara Z"), o XVI premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración, dotado con 1.500 euros, que convoca a Deputación de Ourense. Rafa Vilar é un filólogo e escritor vinculado ao asociacionismo cultural de base, e foi un dos promotores do Batallón Literario da Costa da Morte e mais da colección de poesía Letras de Cal.
Tivo lugar na Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos (Lugo) a inauguración da exposición MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, sobre a vida e obra do escritor de Paradela. Ademais, presentouse o libro "Manuel Rodríguez López, 25 anos despois", que recolle traballos de 50 personaxes destacados da cultura galega sobre a figura de Manolo Rodríguez. A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÍGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor.
A mostra constitúe unha selección de documentos procedentes de diferentes departamentos da Xunta de Galicia, da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, do Banco Gallego ou do fondo da Familia Vilariño Pintos, custodiados no Arquivo de Galicia e que foron seleccionados para formar parte deste exposición sobre o desenvolvemento industrial na nosa Comunidade. Póñense así en valor os importantes fondos e coleccións dos arquivos de Galicia.
Xesús Mato Mato recibiu, hai agora un ano, a Medalla Castelao, pola súa traxectoria, pola súa obra e pola súa vida de entrega á igrexa, a música e ás causas sociais. As Medallas Castelao concédeas a Xunta de Galicia a aquelas persoas que se distinguen de xeito especial polo seu servizo a Galicia. A de Xesús Mato foi concedida en virtude da petición do Orfeón Lucense, do que Mato é Director emérito; a esta petición adheriuse logo o pleno do Concello de Paradela, do que Mato é Fillo Predilecto.
O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui. O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.
El Concello de Ortigueira presentó el evento hoy miércoles en la cervecería Estrella Galicia de A Coruña. En el acto se dio a conocer la programación completa de la edición 2019 y las principales novedades, como la creación de un vídeo y música propia del festival, bajo el eslogan Oito Nacións Unha Cultura o la apuesta por la igualdad de género en el concurso de nuevos talentos.
Este xoves será presentada a edición bilingüe galego-portuguesa Unha tempada no paraíso, de Claudio Rodríguez Fer, traducida e prologada en Brasil por Saturnino Valladares, quen a editou na Editora Valer de Manaos co título de Uma temporada no paraíso. Este novo volume de poesía traducida ao portugués publicado pola brasileira Editora Valer sucede a Não amanhece o cantor, de José Ángel Valente.
Do 7 ao 27 de xuño en distintos espazos de Compostela terá lugar as Xornadas de Música Contemporánea 2019, que nesta ocasión xirarán en torno á Diáspora. O programa presentárono esta mañá a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; a xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, María do Mar Lorenzo; e o director do CGAC, Santiago Olmo, todas institucións organizadoras do ciclo xunto á Deputación da Coruña.