
O Camiño de Santiago será o protagonista esta fin de semana en Tui coa celebración do II Forum Peregrino na antiga cárcere, na rúa Sanz. Está organizado pola asociación Iacobus en colaboración co Concello de Tui.
O Forum foi presentado esta mañá na casa do concello de Tui polo alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de cultura en funcións, Eduardo Freiría, e Alfonso Ferreiro e Juan José Sánchez da Asociación Iacobus.
O obxectivo é sentar as bases de cara o Ano Santo e dar a coñecer diferentes camiños de peregrinación a Santiago, así como reunir nun evento aos grandes expertos do Camiño de Santiago.
O sábado, baixo o título O Camiño Portugués por Tui, a actividade dará comezo ás 10.00h co acto de apertura a cargo do alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín. Ás 10.30h Rafael Sánchez Bargiela presentará O Camiño portugués en Tui e ás 11.30h será a quenda de Enrique Repiso do albergue de Ames que disertará sobre Un proxecto social no camiño portugués. Ás 12.30h Rodrigo Cerqueira falará sobre o Camiño de Santiago a Fátima e ás 13.15h. Luís Ferreira sobre O peregrino do s. XXI.
O Forum continuará o domingo pola mañá co título Ollando cara outros camiños no que falarán doutros camiños de peregrinaxe. A xornada comezará ás 10.30h cun relatorio a cargo da Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Viana do Castelo sobre o Camiño Portugués pola Costa e acto seguido, ás 11.30 sobre o Caminho da Geira de Henrique Malheiro. Ás 12.30h Luís do Freixo e José Antonio de la Riera falarán sobre a Vía Mariana. O peche II Forum Peregrino correrá a cargo de Ramón Fernández Fernández cunha conferencia titulada O Camiño, séculos de humor e outras cousas.
Ademáis, na Igrexa das Clarisas celebrarase a Misa Do Peregrino ás 19.00h do sábado, a cargo do director do Seminario de Tui, D. Fernando Cerezo. Esta misa terá lugar dende esta fin de semana todos os sábados.
Ás 20.00h do sábado haberá música en vivo con José Ignacio Toquero e Jean Claude Benazet, este último autor de Ultreia.
O concelleiro de Cultura en funcións, Eduardo Freiría e o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, agradeceron a asociación Iacobus o seu labor por dar a coñecer o Camiño de Santiago tamén dende unha perspectiva intelectual a través de datos históricos e así pór en valor a importancia do Camiño.
II Forum Peregrino
Antiga Cárcere na rúa Sanz
Sábado 8: O Camiño portugués por Tui
10.00 h Apertura do Forum Peregrino 2019. Intervención do alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín
10.30 h O Camiño Portugués en Tui - Rafael Sánchez Bargiela
11:30h O Camiño de Fátima: un camiño de ida e volta - Rodrigo Cerqueira
12.30h O peregrino do século XXI - Luís Ferreira
13.15h Obra social nun albergue do Camiño Portugués Enrique Repiso, albergue de Ames.
18.00 h Pregón a cargo de Alfonso Ferreira da Asociación Iacobus
19.00 h Misa do Peregrino na Igrexa das Clarisas
20.00 h Música en vivo con José Ignacio Toquero e Jean Claude Benazet
Domingo 9: Ollando cara outros camiños
10.30 h O Camiño Portugués da Costa- Associação dos Amigos do Caminho de Santiago de Viana do Castelo
11.30 h O Caminho da Geira - Henrique Malheiro
12.30 h A Vía Mariana - Luis do Freixo e José Antonio de la Riera
13.00 h O Camiño, séculos de humor e outras cousas - Ramón Fernández Fernández
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.