
A cinemateca da ConsellerÃa de Cultura e Turismo encárgase da xestión en Galicia desta iniciativa pedagóxica internacional, incluÃda á súa vez no Plan Proxecta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Asà o explicou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, na presentación destes traballos na sede coruñesa do CGAI, á que tamén asistiu Laia Colell, da asociación A Bao A Qu e codirectora do proxecto, que na actualidade se desenvolve en España, Arxentina, Chile e Alemaña.
Sutil destacou os valores desta iniciativa, que integra o cine nas escolas como “ferramenta privilexiada para coñecer e descubrir o mundo” e, en concreto, como mecanismo para o crecemento persoal e académico e para o coñecemento da contorna. Destacou igualmente a boa coordinación entre todos os axentes que fan posible Cinema en Curso, desde os equipos do CGAI e A Bao A Qu ata os catro cineastas implicados nesta edición, pasando polo profesorado e o alumado dos centros adheridos.
Cinema en Curso enmárcase, ademais, na liña de actividades arredor das artes visuais que a filmoteca galega desenvolve especificamente para a infancia e a xuventude, como CinED, FotografÃa en Curso ou CGAI Júnior, “todos eles proxectos abertos a experiencias reveladoras, capaces de abrir novos horizontes, de transformar a sensibilidade e de xerar preguntas”, indicou o director da Agadic.
Ficción e documentais
Desde a concepción da pelÃcula, a escrita do guión, a súa preparación e rodaxe ata a montaxe, cada grupo levou a cabo a súa propia produción cinematográfica, rotando as funcións artÃsticas e técnicas entre os seus integrantes, co acompañamento dos seus profesores e dos directores Ãngel Santos, Marcos Flórez, Jaione Camborda e Xacio Baño. As fitas parten da investigación sobre a contorna máis próxima e a súa posta en valor para, a través do cine, aprender a mirar e a apreciar a realidade doutro xeito.
AsÃ, Ãngel Santos asesorou o grupo de 6º de Primaria do CEIP A Rúa de Cangas na realización de Silencios, pelÃcula de ficción sobre un rapaz de 11 anos nun ambiente familiar marcado polas discusións dos seus pais.
Arredor do dÃa. Retratos na Terra de Montes é o tÃtulo da pelÃcula documental que rodou o alumnado de 6º de Primaria do CEIP de Tenorio, en Cercedo-Cotobade, xunto a Marcos Flórez. Neste caso, o filme achégalle ao público os oficios e o dÃa a dÃa dos habitantes desta comarca pontevedresa.
Tamén acudiron ao CGAI os alumnos de 3º de ESO do CPI Manuel Suárez Marquier, do Rosal, para presentar O borboriñar das insuas, para o que contaron co apoio de Jaione Camborda. Trátase dun filme rodado nas illas fluviais das Varandas, no Baixo Miño, onde sobrevive un tipo de fauna e flora dun gran valor ecolóxico.
Por último, a diversidade de oficios na rÃa de Ferrol centrou o traballo do alumnado de FP Básica do IES de Fene, que plasmaou no documental Os pés na auga. As mans na terra co asesoramento de Xacio Baño.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.