
No devandito acto participaron o alcalde de Paradela (José Manuel Mato); a concelleira de Cultura do Concello de Monforte, Mariña Doutón; a Deputada provincial de Cultura, Pilar GarcÃa Porto; a Xefa territorial de Cultura da Xunta en Lugo (MarÃa Xosé Gómez); a viúva do escritor (Irene López); o presidente do Colectivo Egeria (Xulio Xiz) e o director de GaliciaDigital (Antonio Giz).
A mostra forma parte do PROXECTO MANUEL RODRÃGUEZ LÓPEZ, emprendido por GaliciaDigital e a familia do escritor, co apoio do Concello de Paradela, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia (SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica), a Real Academia Galega, e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Esta exposición itinerante percorreu nos últimos 7 anos máis de 17.000 quilómetros, pasando por numerosas cidades e localidades galegas, visitou a Casa de Galicia en Madrid, as Universidades de Granada, Deusto e Estremadura e os Centros Galegos de Barcelona, Salamanca, León, Vitoria, Llodio, Las Palmas de Gran Canaria ou Valladolid, e chegou tamén a Portugal, concretamente ao Centro Galego de Lisboa e as Universidades do Minho (Braga) e Algarve (Faro).
A exposición estará en Monforte de Lemos ata o 29 de xuño, e está previsto que este ano visite Foz, Sevilla, Pamplona e Santander.
Está composta por oito paneis dobres, nos que se reflicte a vida e obra do escritor paradelense, considerado o mellor poeta obreiro galego do século XX, que escribiu en Cataluña a maior parte da súa obra, e foi ademais dun grande animador das actividades galegas nesta comunidade, o vÃnculo perfecto entre Galicia e os galegos emigrantes en Cataluña.
Manuel RodrÃguez López é tamén fillo predilecto do Concello de Paradela, e dá nome á Casa Municipal de Cultura e a un Certame Literario do que se está celebrando a XXIV edición.
Foron presentados os novos equipamentos do Centro de Supercomputación de Galicia) instalación que vai incorporar un segundo computador cuántico, denominado IQM Spark. O novo supercomputador e os dous novos computadores cuánticos que se van adquirir situarán a nosa Comunidade na vangarda europea en canto a capacidade de almacenamento de datos e participación en grandes proxectos internacionais. En canto aos computadores cuánticos, o de menor capacidade (5 cúbits), dedicarase exclusivamente a tarefas de formación, probas de concepto e de algoritmia, complementando asà ao de maior capacidade (54 cúbits), que será o buque insignia.
A Xunta exixe o rescate da AP-9 e asina cos Gobernos de Asturias e Castela e León e o tecido empresarial das tres comunidades a Declaración Compostela, que insta á Comisión Europea a culminar o ditame sobre as prórrogas da AP-9 e AP-66. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, MarÃa MartÃnez Allegue, interveu no encontro 'As infraestruturas viarias do Noroeste', organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia.