//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
OUR FEST converterá a Ourense no epicentro da música cun cartel que aúna a bandas, como Primal Scream, Belle & Sebastian, Metronomy ou The Big Moon; e propostas punteiras a nivel nacional, como a de Julián Maeso Big Band que ofrecerá un concerto especial en formato Big Band. Os asistentes poderán gozar durante unha xornada moi completa de seis concertos que se prolongarán ata a noite, e no recinto dispoñerán de barras e zona gastro con diversas ofertas de restauración.
A Cidade da Cultura pon en marcha 'Olladas máxicas no Gaiás', unha nova actividade pensada para facilitar ás familias a conciliación nas semanas previas ao comezo do curso escolar. Do 29 de agosto ao 9 de setembro, o Museo Centro Gaiás acollerá este campamento urbano deseñado para que a rapazada poida explorar a arte, a música, a maxia e o deporte desde perspectivas que fomenten os valores de solidariedade e igualdade. A Cidade da Cultura afonda así na súa liña de programación familiar cunha proposta que atende as necesidades de conciliación de nais e pais de maneira transversal, contribuíndo ao desenvolvemento dun sistema integral de coidados.
O hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española e do Camiño de Santiago, participará como conferenciante nestas xornadas. O programa completarase coa intervencións de distintas personalidades do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da Igrexa, da administración e da propia Academia Xacobea, coñecedoras do ámbito. Ao longo dos tres días que durará a citar levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición, así como interpretacións musicais.
Entre as accións programadas, moi pronto poderemos gozar do cine na rúa con filmes como a produción galega Valentina ou Bella e o circo máxico, dirixido a nenas e nenos e no que se trata o tema da amizade no contexto da igualdade de xénero e a diversidade. Os máis cativos tamén se divertirán cos espectáculos O tranvía Leonardo, con monicreques e música; Toupiciencia Show e Lendo a Ciencia: Festiencia & Festiletras, nos que se fomenta a divulgación científica en galego; O porco de pé, que leva ao teatro a novela de Vicente Risco, ou Xela contra o dragón Traga-verbas, espectáculo que trata a importancia do uso cotián da lingua galega e da conservación da nosa identidade.
A intención é a de divulgar a etapa galega de Picasso, quizáis unha das máis descoñecidas, do xeito máis completo posible. Picasso, blanco no recordo azul. A Coruña 2023 poderá verse no Museo de Belas Artes da Coruña e enmárcanse nos actos que se celebrarán en 2023 con motivo do 50 aniversario da morte de Picasso dentro do Anniversaire Picasso 2023, que conmemorarán conxuntamente España e Francia nos seus museos e cidades picassianas. Este novo proxecto expositivo estará comisariado por Antón Castro, Malén Gual e Rubén Ventureira e conta coa coordinación xeral de Ángeles Penas, diretora do Museo de Belas Artes da Coruña, e coa participación do equipo técnico-facultativo do museo.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios pon en marcha hoxe a súa programación para o segundo semestre, durante o cal se celebrarán 201 actuacións escénicas e concertos nos 37 concellos adheridos a este circuíto de distribución de espectáculos que promove e coordina a Xunta. Deste xeito, superaranse no cómputo anual as 500 actuacións de teatro, maxia, danza, circo e música que ofrecerán 181 formacións artísticas no 2022 ao abeiro desta rede cofinanciada coas entidades locais asociadas, para o que se dispón dun orzamento global que supera os 1,8 millóns de euros.
O Salón Teatro recibe esta fin de semana o espectáculo Tartufo, adaptación do texto clásico de Molìere co que o Centro Dramático Galego participa neste 2022 no regreso do Proxecto NÓS/NOUS. Esta iniciativa, de natureza internacional ao implicar institucións de Francia, Portugal e Galicia, é un espazo de creación escénica e de intercambio entre catro compañías públicas e outros tantos centros de ensino que ten como obxectivo promover tanto a profesionalización como a internacionalización de estudantes no treito final do seu período académico, ao poñelos en contacto con figuras consolidadas do sector teatral.
O mércores, 6 de xullo, Paradela dará comezo ás celebracións do seu Bicentenario como Concello, que se prolongarán ata mediados do próximo mes de decembro. Esta conmemoración tivo que ser adiada pola epidemia do Covid, celebrándose agora, neste Xacobeo prolongado, tendo moi presente que Paradela é un fito no Camiño Francés a Compostela.
Inaugurarase o Monumento aos Cabaleiros de Santiago, obra de Cándido Pazos, e abriranse ao público tres exposicións, das que dúas itinerarán desde setembro polo Camiño, desde Pedrafota a Compostela.
Nos próximos días comezará a difundirse o cartel anunciador da XLIV Semana de Cine de Lugo, que organiza Fonmiñá co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo.
O cartel é unha extraordinaria colaboración de SIRO (Siro López Lorenzo), coa Semana cunha caricatura de María Casares, no seu centenario, coa lenda María Casares vive desde hai cen anos. Viva María Casares!.
Foi presentado o ciclo de concertos Xacobeo Interior, ciclo que terá comezo o venres 1 de xullo cunha programación que levará a música en directo ata vilas de Lugo e Ourense. Contará con algunhas das artistas máis destacadas do panorama galego como De Vacas, Guadi Galego, Leilía, Os DAbaixo e Uxía & Javier Ruibal. Mestura diferentes estilos que viaxan dende o pop ata á tradición, con paradas na lírica e incluso na parodia e o humor. O Ciclo Xacobeo no Interior é unha aposta pola música en galego e de calidade, pensada para achegar a mellor música galega á veciñanza e camiñantes das comarcas da Ribeira Sacra, Monterrei e Valdeorras, apoiando promoción das nosas músicas e dos propios entornos rurais atravesados polo Camiño.
Giambatista Piranesi é considerado un dos grandes artistas da historia na modalidade de gravado Augaforte. 'As súas obras pretendían cambiar a realidade e restaurar a grandeza pasada', así o explican dende a organización da mostra Piranesi-Vedute-vistas da Roma antiga-Cárceres que acolle a Sala de Exposicións do Colexio de Fonseca e que está impulsada dende a Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital.
A obra de teatro 'El viento es salvaje', da compañía andaluza Las Niñas de Cádiz, gaña o Premio do Público desta 38 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. A obra, unha das estreas en Galicia que se puideron ver en Cangas ao longo dos últimos dez días, conseguiu unha puntuación de 4,73 puntos sobre cinco nas votacións a través de internet que os espectadores fixeron ao remate das obras.
O cartel deste ano estenderase do 12 ao 24 de xullo, con 13 citas musicais e a participación de 18 artistas e grupos en catro escenarios, un deles baixo o patrocinio da Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. Trátase, ademais, do primeiro evento da temporada FEST Galicia 2021, a marca creada polo Goberno galego para apoiar este tipo de eventos, considerados estratéxicos tanto no ámbito da cultura como no do turismo.
Mañá, sábado, vaise celebrar en Bazar (Castro de Rei) un dobre acto conmemorativo dos cincuenta anos do Teleclub, hoxe Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, e o centenario da construción da igrexa parroquial. Así mesmo vai ser presentada a web teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei.
A base de datos de recursos académicos, científicos e didácticos do Camiño de Santiago 'Rede Xacobea' é unha ferramenta de investigación que alberga datos actualizados dos investigadores vivos, institucións, actividades académicas e revistas dedicadas ao estudo do mundo xacobeo e as peregrinacións.
Presentouse hoxe en Santiago o XI Festival Peregrinos Musicais -que se celebrará do 11 ao 19 de setembro- que na edición deste ano inclúe un concurso no que competirán seis intérpretes internacionais seleccionados entre máis de 40 músicos de todo o mundo. Trátase dun certame no que o finalista obterá un premio en metálico de 1.000 e o recoñecemento do público, xa que participará activamente nas galas do festival e actuará como solista acompañado pola Real Filharmonía de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literarias do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila.
Na súa novena edición, o festival Atlántica recalará por primeira vez no concello de Friol cun espectáculo de Ramiro Neira que se desenvolverá este mércores, 7 de xullo, a partir das 18 horas. A actividade é posible grazas á Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, a Rede Museística Provincial de Lugo e a Deputación de Lugo. O espectáculo de Neira titúlase Vouche contar e está concibido para público infantil e familiar.
'El viaje', unha curta realizada pola estudante de Belas Artes Claudia Pineda como traballo académico formará parte da programación dun dos principais escaparates cinematográficos do mundo, o Festival de Cannes. A súa peza foi un dos nove traballos realizados por estudantado de universidades e escolas de cinema seleccionados polo Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, presidiu a reunión do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que se avanzaron as liñas centrais do II Plan Estratéxico Gaiás 2021-2027, folla de ruta que marcará a dirección do Gaiás nun período que estará marcado pola expansión da súa actividade.