Notas de prensa

Este sábado celébranse os 50 anos do Teleclub / Centro Cultural de Bazar e o centenario da igrexa parroquial

Mañá, sábado, vaise celebrar en Bazar (Castro de Rei) un dobre acto conmemorativo dos cincuenta anos do Teleclub, hoxe Centro Cultural Ignacio Rey Stolle, e o centenario da construción da igrexa parroquial. Así mesmo vai ser presentada a web teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei.


Ás cinco da tarde, na igrexa, celebrarase unha misa que estará presidida polo Administrador diocesano de Mondoñedo-Ferrol, Antonio José Valín Valdés, e ao final da celebración descubrirase unha placa conmemorativa da construción da igrexa polo chairego Aquilino Gil González, placa doada polos sobriños do construtor.

Ás seis da tarde, na sede do Centro Cultural, celebrarase o cumprimento do primeiro  medio século por esta senlleira entidade cultural, creada como Teleclub en 1968, transformada en Centro Cultural posteriormente, que fixo historia polo seu labor cultural e social. Será presentado o libro BAZAR, MILAGRE SOCIAL, do xornalista Xulio Xiz, editado polo Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo, que recolle estes cincuenta anos de historia, e na que colaboran  destacados especialistas entre os que compre subliñar a José Recimil Tábora (recentemente falecido), sobre Planteis de  Extensión Agraria, dos que Bazar foi punteiro, así como Xosé Manuel Carballo, crego, ilusionista e escritor, que entregou a súa achega poucos días antes do seu pasamento.

Así mesmo vai ser presentada a web www.teleclubdebazar.org, confeccionada por Galicia Digital e patrocinada polo Concello de Castro de Rei, que recolle todos os contidos do libro, coa que Bazar terá presencia activa en Internet, co aval da historia dun centro senlleiro que, despois de medio século, segue en plena actividade, sendo modelo a seguir polas entidades  que xurdan en calquera parroquia rural deste país.

E, dentro deste acto, vanse entregar os premios do certame “Hoxe é mañá”, convocado por este Centro -que leva o nome de Ignacio Rey Stolle, persoa oriúnda de Bazar que resultou decisiva para o nacemento e funcionamento do centro-, do que resultaron gañadores Antonio Cendán Fraga, Benito Ónega Quintela, Iria Pérez Piñeiro, Alejandro P. Ferreiro e Maite Cupeiro Aguiar, con traballos publicados na plataforma en Internet GaliciaDigital.

Teleclub de Bazar , 2021-07-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES