
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou hoxe no Pazo de San Roque na presentación das XVII Xornadas Xacobeas Mar por Medio que a Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia e outras institucións, organiza os días 16, 17 e 18 de setembro en Ribadeo.
O hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española e do Camiño de Santiago, participará como conferenciante nestas xornadas. O programa completarase coa intervencións de distintas personalidades do ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da Igrexa, da administración e da propia Academia Xacobea, coñecedoras do ámbito.
Ao longo dos tres días que durará a citar levaranse a cabo distintas actividades relacionadas co Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo: conferencias, táboas redondas, unha exposición, así como interpretacións musicais.
O representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou que tras un parón bastante máis grande do desexable, desde o Goberno galego decidimos apoiar a reedición destas xornadas. Neste sentido, salientou o labor da Academia quen desde un primeiro momento toma a dirección desta cita. Así mesmo, sinalou que nestas xornadas se fará referencia á poetisa ribadense da que este ano celebramos o seu centenario, Luz Pozo Garza. A importancia da súa figura e da súa persoa estarán presentes.
Fundadas polo que foi director do Centro de Estudos Galegos na Universidade de Oxford, John Rutherford, estas xornadas vinculan Ribadeo cos máis altos especialistas na visión e no estudo pormenorizado do Xacobeo e da Galicia contemporánea.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.