Noticias

Homenaxe a María Casares na Semana de Cine de Lugo

Nos próximos días comezará a difundirse o cartel anunciador da XLIV Semana de Cine de Lugo, que organiza Fonmiñá co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago-Campus de Lugo. O cartel é unha extraordinaria colaboración de SIRO (Siro López Lorenzo), coa Semana cunha caricatura de María Casares, no seu centenario, coa lenda “María Casares vive desde hai cen anos. Viva María Casares!”.

Precisamente, por esta efeméride, a Semana honrará a María Casares cunha retrospectiva e exposición na Biblioteca Provincial, e a colocación dunha placa coa caricatura de Siro no Paseo do Cine de Lugo.

Homenaxearase asimesmo á cineasta, escritora e profesora de Castro de Rei, Margarita Ledo Andión, coa proxección da súa película "Nación" na sala da Deputación, e a colocación dunha placa no Paseo do cine.

Outras homenaxes serán rendidas a Darío Xoán Cabana (coa proxección da película A MARIÑEIRA); a José Luis López Vázquez polo seu centenario, coa proxección de EL BOSQUE DEL LOBO (rodada en Lugo); a UCRANIA (coa película EL ACORAZADO POTENKIM) e á realidade social "E para comer, Lugo…", coa estrea da película UN BOCADO EXQUISITO.

Na sala da Deputación será proxectado o Ciclo de películas DOCUMENTAIS a Concurso; na Casa do Saber (Universidade), poderanse ver as películas a oncurso de AS CURTAS TAMEN SON CINE e ciclo de CINE GALEGO; no Vello Cárcere programarase o ciclo a concurso de CINE GALEGO (longametraxes), e no Auditorio Gustavo Freire proxectaranse as películas a concurso da Sección Oficial e do Ciclo de cine español inédito (Cine das Nacionalidades), así como a Sección Infantil. E dentro do ciclo DEIXADE QUE O CINE..., inclúense ciclos de películas a proxectar na sede de Aspnais, e nos centros penitenciarios de Teixeiro, Bonxe e Monterroso.

R., 2022-06-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES