//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias cultura
Con esta iniciativa, a Xunta quere apoiar a creación literaria dunha ducia de persoas fornecéndolles unhas condicións idóneas a través dunha estadía na illa pontevedresa de entre 15 días e un mes como máximo. As residencias celebraranse nos meses de setembro, outubro e novembro e incluirán o aloxamento dos beneficiarios en réxime de pensión completa na Residencia Stella Maris da Illa de San Simón, en cuarto individual con espazo de traballo propio. Os participantes disporán, así mesmo, de espazos comúns de traballo, con varias estancias con conexión a internet e os medios técnicos e materiais básicos para o desenvolvemento do traballo creativo.
O obxectivo desta acción é fomentar a sensibilización e concienciación da cidadanía, impulsar o coñecemento sobre estes bens e incentivar as boas prácticas e iniciativas de preservación que permitan que un dos maiores tesouros de Galicia sexa legado ás xeracións vindeiras nas mellores condicións. A campaña difunde imaxes de bens como a Catedral de Santiago de Compostela, o Santuario de Santo Andrés de Teixido en Cedeira, a Muralla romana de Lugo ou o Mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos. Aparecen tamén o Castro de Viladonga en Castro Rei, os petróglifos do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, os Muíños do Folón e do Picón no Rosal ou a Igrexa da Veracruz no Carballiño.
A Cidade da Cultura convida a gozar dun agosto musical cos dez concertos de Atardecer no Gaias, festival que achega a Santiago nomes como Bejo, Natalia Lacunza ou o francés Ben Loncle Soul. O Gaiás recibirá a Catuxa Salom, galega de raíces arxentinas que abandonou Madrid por unha aldea de Lugo, onde nace a súa música. Os seus temas son un canto á vida rural, ao ecofeminismo e ás composicións que fusionan o folclore galego con ritmos latinoamericanos baixo unha envoltura electrónica. O venres será a quenda de Elia Galdo, coruñesa, coñecida como KYR4, unha das grandes promesas do rap español, que comezou en 2021 a compoñer as súas primeiras cancións.
Segundo os datos de Comercio Interior do libro en España en 2022 que veñen de ser publicados, a edición en galego o pasado ano foi de 1.855 volumes, cun aumento do 8,2% respecto de 2021. Ademais, o sector editorial vendeu un 5,6% máis, ata superar os 2.500M de vendas, e destaca sobre todo o aumento nas vendas de libros en papel, cun 5,9% máis. Estas cifras enmárcanse nunha xeira de bos datos que inclúe tamén o último Barómetro da Cultura Galega, co 52,5% do sector incrementando os seus ingresos en 2022, cun emprego estable para preto do 70% das entidades consultadas e cunha expectativa de maior facturación pese ao pesimismo da evolución da economía.
Foi inaugurada a 39 edición da feira de artesanía Mostrart, que se celebra nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña ata o 27 de agosto. Nesta edición de Mostrart participan un total de 53 profesionais da marca Artesanía de Galicia, así como 14 talleres artesanais doutras comunidades españolas e un de Francia. A feira, organizada pola Asociación Galega de Artesáns, e estará aberta todos os días ata o 27 de agosto en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 horas. Entre os particpiantes galegos desta 39 edición, destacan os obradoiros de coiro, os especializados en tecidos artesanais, e os de xoiería e ourivería.
A Cidade da Cultura custodiará e divulgará o legado de Arcadio López Casanova, homenaxeado na edición deste ano da Festa da Palabra na Insua dos Poetas do Carballiño. Trátase dun legado que merece ser recoñecido e cada vez máis divulgado, para o que a Xunta está a catalogar toda a súa obra para poñela a disposición do público. En concreto, a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura, custodiará o seu legado, preto de 4.000 libros da súa biblioteca persoal que foron doados pola súa viúva, María del Carmen Paramio.
A decena de grupos e artistas que conformen o cartel definitivo do Focus Galicia 2023 ofrecerá actuacións de 30 minutos que se desenvolverán en distintas localizacións da xeografía autonómica a través dun programa deseñado á medida do perfil dos visitantes. Esta descentralización da actividade ten como obxectivo achegarlles valor engadido ás propostas musicais, logrando un escaparate singular para difundir a creatividade dos artistas participantes. Focus Galicia preséntase así como un evento de experiencias de identificación da música e do territorio onde se desenvolve, para brindarlles aos programadores de festivais e circuítos internacionais unha visión de conxunto sobre a creatividade do noso sector musical.
Na Asociación Amigos del Camino de Santiago y de la Santa Cruz de Cuenca tívose en conta o seu labor para potenciar e coordinar a revitalización, defensa, conservación, investigación, limpeza, protección e potenciación do patrimonio histórico-cultural dos Camiños de Santiago e os camiños que percorreu Fray Francisco de la Cruz. No caso da Asociación de Amigos del Camino de Río Grande do Sul de Brasil, o xurado valorou o esforzo revitalizador e promocional dos valores propios dos Camiños de Santiago feito por esta entidade que leva desde o ano 1999, apoiando e informando a peregrinos e desenvolvendo actividades para promover a Ruta Xacobea desde o eido cultural e histórico.
O elenco de Shakespeare en Roma dálles vida ao longo da montaxe a 47 personaxes baixo a dirección de catro equipos de dirección que se encargan de cadansúa peza. A Quico Cadaval e Sara Rey súmanselles Xúlio Lago e María Barcala, que se encargan do Xulio César asinado por Ana Carreira, e Rui Madeira, quen leva a escena a versión condensada de Coriolano polo autor ucraíno Volodymyr Snegurchenko. A tradución ao castelán para as representacións en Mérida asínaa Rosa Moledo. A nómina artística complétase con Ana Abad e Lorena Conde nas adaptacións de Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico; Xosé Lois Romero no espazo sonoro; Juanjo Amado, na iluminación e Saturna, no deseño de vestiario.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello aprobou o decreto polo que se conceden as Medallas de Ouro de Galicia 2023 aos músicos Juan Pardo, Luz Casal e Carlos Núñez. O titular do Goberno galego resaltou que se trata da maior distinción que outorga a comunidade autónoma galega e que, nesta edición, dedícase a un dos aspectos máis senlleiros do patrimonio cultural galego como é a música. Rueda subliñou que os tres galardoados deste ano son persoas que tiveron unha importancia singular no panorama musical a nivel internacional durante as últimas décadas, pero sen perder nunca a vinculación con Galicia.
A música galega terá unha destacada presenza na 28ª edición de Womex, a Worldwide Music Expo, que se celebrará en Lisboa do 19 ao 23 de outubro. Sheila Patricia viaxará a Lisboa con Orixe, o seu primeiro LP e tamén o seu proxecto máis ambicioso e persoal, no que aposta polas súas raíces musicais con tinguras de vangarda e mesmo ritmos de world music, confirmándose como unha das voces máis prometedoras do actual panorama musical galego.
Baixo o lema 'memoria dos lugares, voz do tempo', esta nova entrega continúa a unir música e patrimonio para deitar unha ollada sobre o pasado que nos permita observar e interpretar o presente para albiscar no futuro. O cartel combina proxectos de experimentadas formacións galegas con figuras convidadas do máis alto nivel internacional. Ademais, a programación propón unha serie de actividades ligadas aos concertos.
O Feito a Man, a cita estival coa música ao vivo en Santiago de Compostela organizada pola AC Cidade Vella, chega á súa XIX edición coa volta á normalidade tras dous anos de restricións. Baixo o lema 'no calor das rúas', neste 2022 o festival amplía datas e programación con 31 actuacións, do 10 ao 27 de agosto, en prazas e terrazas da zona vella compostelá para encher de música en directo emprazamentos históricos desta cidade Patrimonio da Humanidade.
A mostra 'O Esplendor do Camiño. Oito séculos de Pratería e Acibeches en Compostela' constitúe unha aproximación á realidade destas dúas artesanías, cuxa historia discorre paralela tanto da tradición xacobea, como da propia cidade de Santiago, reflectida no seu rueiro, nunha das súas prazas máis emblemáticas e en distintas rúas do seu casco histórico.
O libro 'Lo que en la tuya me dices', un epistolario inédito editado polo Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da USC e no que se recolle a correspondencia mantida durante trinta anos entre o poeta galego José Ángel Valente e o crítico asturiano Florentino Martino, acaba de saír do prelo.
Os dez poemas galegos de Francisco Vega Ceide -Francisco de Fientosa- edítanse nos cinco idiomas ibéricos polo Colectivo Egeria, para conmemorar os 110 anos do nacemento do escritor en maio de 1912 no Cordón, da parroquia de Santa Locaia do concello lucense de Castro de Rei. A edición está apoiada pola Xunta de Galicia (Política Lingüística) e o Concello de Castro de Rei.
Alfonso Rueda avanzou que o Goberno galego vai remitir este mes ao Goberno central unha vintena de proxectos culturais solicitando un PERTE cultural que recoñeza a importancia deste sector na economía, un mecanismo ata agora inexistente en España e que Galicia considera 'necesario' para acompañar a transformación dixital, reforzar a creación, produción e a internacionalización da cultura galega.
La acogida por parte del público de la iniciativa hace que los locales hayan decidido por unanimidad prorrogar las exposiciones, hasta el día 3 de julio.
La prórroga surgió de los propios locales, a pesar de que al comenzar las rebajas necesitan sus espacios más que nunca, y desinteresadamente los ceden para promocionar artistas locales.
O 22 de maio de 1912 naceu no Cordón, de Santa Locaia (Castro de Rei) Francisco Vega Ceide, Francisco de Fientosa, considerado polos devotos da súa obra como O Lorca galego.
O Teatro Colón acollerá, un ano máis, o Xullo Pop, un dos ciclos cos que o departamento de Cultura da Deputación da Coruña segue a apostar por unha programación propia na que, como no Maio Jazz e na Festa da Música, teñan cabida todos os estilos musicais da música que se fai na Galiza e en galego. A cita, nada máis comezar o mes que vén, é tripla: o venres 1, con Anxo Araújo; o sábado 2, con Garza; e domingo 3, con Grampoder. As entradas, de balde, xa se poden retirar na páxina web do Colón.