Actualidad de Cultura

Noticias cultura

Os concertos de Airiños de Fene, os irlandeses Lúnasa e os Bretóns-Escoceses The Celtic Social Club pecharon onte á noite unha edición histórica cargada de emoción e lembranzas no seu 40º aniversario. Unha completa programación cultural e musical de 4 intensos días nos que pese á coincidencia na fin de semana con outros festivais, máis de 70.000 visitantes elixiron a música Celta. O protagonismo da Escola de Gaitas, fundadores do evento, así como do grupo Milladoiro, formación ligada ao festival desde os comezos fixo emocionarse a veciñanza e artistas.
Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos ao solpor e de balde durante o verán da Cidade da Cultura de Galicia— contará esta semana coa actuación da multinstrumentista Dom La Nena, unha das novas voces femininas máis brillantes do panorama internacional, que con tan só 29 anos está a recibir eloxios da crítica especializada de medios como The New York Times, The New Yorker, Wall Street Journal, L’Express, Le Figaro ou El País. Dom La Nena naceu no Brasil, criouse na Arxentina e vive en Francia. Deste periplo vital dan constancia o abano de idiomas dos seus temas e tamén se reflicte no seus rexistros musicais, que flutúan entre o jazz, pop e a bossa nova.
O festival Espazos Sonoros 2018 celebra do 1 de setembro ao 7 de outubro a súa undécima edición cun programa de oito concertos en espazos singulares do patrimonio galego. A música, a arquitectura e a paisaxe volven ser protagonistas deste ciclo promovido pola Consellería de Cultura e Educación e que este ano propón un achegamento a edificacións históricas dos concellos de Ribeira, Sobrado, Baiona, Amoeiro, Foz, Castrelo de Miño, O Incio e Muxía, a través dunha programación musical que tamén inclúe andainas, visitas guiadas e obradoiros.
A Real Academia Galega (RAG) vén de facer pública a súa decisión de dedicar o Día das Letras 2019 a Antón Fraguas Fraguas, e traballa xa na homenaxe que todas as galegas e galegos lle renderán o vindeiro ano. Antón Fraguas destacou na súa traxectoria persoal e profesional na defensa da lingua e da cultura galega, así como no seu labor como profesor de instituto, chegando a impartir docencia na Estrada, en Lugo e en Santiago ata a súa xubilación en 1975. Nado en 1905 en Cerdedo-Cotobade e finado en 1999 en Santiago de Compostela, Antón Fraguas foi un dos máis relevantes persoeiros no ámbito intelectual e galeguista do século XX, que destacou, sobre todo polos seus traballos como historiador e antropólogo.
Iniciáronse onte as reunións dos grupos de traballo para a elaboración da Estratexia da Cultura Galega 2021 (ECG21), coa xuntanza na Cidade da Cultura de Galicia, centrada na música, e concretamente na súa vertente de difusión cultural. Nela participarán o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, o director xeral da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e unha vintena de axentes e representantes de entidades deste ámbito, entre os que estaban a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Asociación de Gaiteiros Galegos ou os Amigos da Ópera de Santiago e de Vigo.
O Festival Abride a fiestra, promovido pola Casa-Museo Rosalía de Castro, homenaxeará a autora os días 14 e 15 de xullo co apoio da Consellería de Cultura, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Mercedes Peón, Najla Shami, Cintaadhesiva, Habelas Hainas, Margarita Viso ou a Coral Padronesa serán algunhas das manifestacións culturais inspiradas na autora de Cantares gallegos e Follas novas das que se poderá gozar. O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de presentación do festival, que acolleu o mesmo cuarto no que faleceu a escritora e no que pronunciou as derradeiras verbas “Abride a fiestra que quero ver o mar”.
O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Divinas Palabras Revolution regresa do xoves 5 ao domingo 8 ao Salón Teatro de Santiago para se despedir do público no mesmo escenario no que esta adaptación da obra de Valle-Inclán foi estreada o 12 de abril e onde, por vez primeira, se desenvolverá unha función inclusiva o venres 6. Esta é unha das principais novidades da segunda estadía en Compostela desta montaxe, dirixida por Xron, que acaba de rematar unha xira de dous meses por outros oito espazos galegos mais o Teatro Español de Madrid.
Na Cidade da Cultura actuaron máis de medio milleiro de músicos dentro do III Festival de Bandas infantís e xuvenís de Galicia, organizado pola Federacíón Galega de Bandas de Música Populares, interpretando todos xuntos o Himno Galego, despois de que o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria proclamara que estas bandas 'están na nosa identidade como pobo'. O Festival está organizado pola FGBMP, co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Agadic e a Fundación Cidade da Cultura, e a colaboración de Tolemias.
Xa na 10ª edición, esta iniciativa pretende dinamizar a actividade cultural nos concellos da provincia, a través de 109 actuacións desde este sábado ata o 30 de novembro. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto destacou que “con esta iniciativa promocionamos o teatro afeccionado da provincia, e dinamizamos cultural, social e economicamente os concellos lucenses, especialmente os do rural”
La Biblioteca Pública de Lugo acoge la exposición central de las Letras Gallegas 2018, que ahonda en el universo literario de María Victoria Moreno a través de ilustraciones realizadas sobre ocho obras de la autora. 'María Victoria Moreno. Paisaxes e personaxes' es el título del proyecto expositivo, promovido por la Consellería de Cultura y Educación baja la coordinación del humorista gráfico, pintor e ilustrador David Pintor. Después de recorrer la capital de Galicia, Pontevedra y A Coruña, la muestra llega a Lugo para difundir entre la ciudadanía el legado literario de María Victoria Moreno. Para eso, se exhiben ocho paneles con ilustraciones de los personajes principales y de los escenarios de ocho de sus libros.
| 113,4  de  289 | Siguiente »

Notas cultura

Chus Pato acaba de ser recoñecida co Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2018, un galardón concedido polo Concello de Ourense, cidade da que é natural a poeta. O xurado salienta que o labor da académica de número é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, con traducións a distintos idiomas e presenza en antoloxías internacionais.
Moruxo, a parroquia de Bergondo na que viviu os últimos anos da súa vida, acolleu unha homenaxe á escritora Filomena Dato (1856-1926) co gallo do seu 92 cabodano. Lembrouse a quen foi unha das escasas autoras femininas e feministas da Galicia de finais do século XIX, membro correspondente da RAG desde a súa fundación en 1906 e segunda autora en publicar, despois de Rosalía, un libro en galego.
Vigo acolle ata o domingo 4 de marzo a primeira exposición que permite ao público admirar por primeira vez o Pergamiño Vindel, custodiado desde hai catro décadas na Morgan Library de Nova York. A sesión académico-literaria está prevista para o xoves 1 de marzo no paraninfo da reitoría da Universidade de Vigo. Abórdanse distintas olladas ás cantigas de amigo e por Martín Codax, entre o século XIII e XIV.
O concerto leva por nome Rock & Elas e contará cos grupos de rock galegos Bala e Agoraphobia, "formados integramente por mulleres e que están abríndose camiño con forza no panorama musical do noso país", tal e como destacou a concelleira Noa Morales. Ambos grupos son coñecidos, sobre todo, entre a xente moza, e xa actuaron xuntos nalgún festival de rock.
A Real Academia Galega difunde, co gallo do Día internacional da lingua materna, Lingua e sociedade en Galicia. Resumo de resultados 1992 – 2016, unha nova publicación do Seminario de Sociolingüística que presenta unha visión panorámica da situación social da lingua galega co obxectivo de identificar as tendencias que marcan a súa evolución nas últimas décadas.
José Antonio Félez protagoniza o venres 23 de febreiro na Cidade da Cultura a primeira sesión desta iniciativa, inserida no programa de formación continua Galicia ProFilme. Esta xornada, de acceso libre, articularase como unha charla conducida por Antón Reixa na que o convidado compartirá a súa experiencia á fronte de grandes producións como a serie "La peste".
Comeza no Paraninfo da Universidade o segundo ciclo de concertos Novos Talentos Musicais que, co organizado con Compostela Sound, se desenvolverá ata finais de marzo. Serán en total nove recitais interpretados por 23 promesas galegas da música e un cuarteto de clarinetistas. O ciclo remata o 24 de marzo cun concerto de piano e clarinetes.
Por primeira vez as actividades desta programación que promove o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho celébranse, ademais de en Braga, en Padrón e na capital de Galicia. A Fundación Rosalía de Castro acolle o 18 de febreiro o concerto de apertura con Canto D'Aqui e Iria Estévez. O Teatro Principal compostelán será escenario o 25 de febreiro do concerto de peche.
Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. O equipo artístico traballa xa co persoal técnico do CDG nesta primeira versión en galego dunha das obras teatrais máis coñecidas de Valle-Inclán, que se aborda desde unha ollada actual.
O Teatro Principal da capital de Galicia acolle a estrea do último espectáculo de Talía Teatro. A compañía compostelá celebra 30 anos de historia e faino con O servidor de dous amos, unha volta ao texto clásico do teatro italiano cunha re-invención da obra de Goldoni que dirixe e adapta Diego Rey. A obra terá catro funcións en Santiago de Compostela, do mércores 14 ao sábado 17 de febreiro, ás 20:30h.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES