
Este é un premio, sinala a galardoada, que a emociona porque leva o nome dunha figura, Clara Campoamor, "fulcral na historia das mulleres do Estado español". "Síntome moi pequena ao lado de Clara Campoamor, este é un premio que me abraia moito e que me incita a un compromiso maior co feminismo", expresa Chus Pato, que recorda a loita polo voto feminino que emprendeu, e gañou, a deputada durante a República. "Conseguiuno, cómpre lembrar, co apoio do Partido Galeguista, cos votos a favor de Castelao e Otero Pedrayo. Despois converteuse nunha refuxiada e non puido volver. Morreu no exilio en Suíza, un país que hoxe tamén acolle a Anna Gabriel", engade.
Chus Pato rexeita etiquetas para definir a creación poética: "considero que a poesía é poesía sen adxectivos, calquera adxectivo en poesía sempre reduce". En calquera caso, recoñece a pegada da teoría e da práctica feminista na súa escrita. "Quen escribe é quen escribe. Eu son feminista desde que teño uso de razón e a miña vida evolucionou á par desa teoría e desa práctica. Desde o momento en que a min o feminismo me transformou, é evidente que a miña poesía se transforma e se marca en feminismo e en feminino", explica.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.