
Foron numerosas as referencias ao nacemento do festival e os seus fundadores. Estiveron presentes tanto fisicamente, como nun documental dedicado á historia do nacemento deste evento único. Todo o pobo volcouse un ano máis, sendo exemplo de convivencia, respecto e amabilidade cos milleiros de persoas que se achegaron estes días pola vila. Esta actitude foi recoñecida nos vídeos de presentación de cada grupo nos concertos, nos que os propios veciños fixeron de improvisados presentadores, e crearon un ambiente de empatía que músicos como Ives Lambert encargouse de ensalzar con verbas de entendemento entre culturas, respecto polo medio e amor. Todos eles uníronse nas redes baixo o hashtag #40emoitosmáis
Un dos momentos máis agardados foi o domingo á maña co gran desfile de bandas das nacións celtas, a cada cal máis esixente nas interpretacións e posta en escena, que partindo da Alameda percorreron as rúas da vila.
Os obradoiros e cursos de foto na rúa, baile galego e diferentes instrumentos musicais como a zanfona, whistle ou bodhrán, impartidos por músicos de primeiro nivel, tiveron un cheo absoluto, demostrando a implicación e participación de nenos e maiores. Tamén os pasacalles e actuacións nas distintas prazas e rúas fixeron da vila un único escenario, onde á música e a cultura Celta agardaba tras cada esquina.
Os polacos Beltaine gañaron o Proxecto Runas 2018. Actuarán na edición de 2019, por cuxa actuación recibirán un caché de 3.000 euros. O fallo do xurado deuse a coñecer hoxe publicamente. Os criterios de valoración que fixeron decantarse ao xurado foron, a coordinación musical, a conexión co público e o espectacular directo
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.