Notas de prensa

O CDG inicia os ensaios de Divinas palabras cara á súa estrea o 12 de abril

Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéitez. O equipo artístico traballa xa co persoal técnico do CDG nesta primeira versión en galego dunha das obras teatrais máis coñecidas de Valle-Inclán, que se aborda desde unha ollada actual.

O equipo artístico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, acaba de iniciar neste escenario os ensaios da que será a primeira versión en lingua galega da coñecida obra de Valle-Inclán.

Xunto con Xesús Ron, director do espectáculo, incorporáronse ás primeiras sesións de traballo os nove integrantes do elenco: Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, nos papeis protagonistas de Mari Gaila e Pedro Gailo, e Antón Coucheiro (como Sétimo Miau), Borja Fernández (Miguelín), Mónica García (Marica del Reino), Tone Martínez (Pedáneo), Victoria Pérez (Tatula), Ánxela Ríos (Simoniña) e Tomé Viéitez (Laureano). Estes sete últimos intérpretes foron elixidos tras superar un proceso público de selección para o que o CDG recibiu 169 solicitudes.

Ao tempo, o persoal técnico da compañía da Xunta de Galicia traballa xa co resto do equipo artístico de Divinas palabras para comezar a darlle forma a esta “traxicomedia de aldea”, como a subtitulou o propio autor, da que o Centro Dramático Galego ofrecerá unha adaptación desinhibida e actual. Suso Montero está a deseñar a escenografía, Mar Fraga o vestiario, Fidel Vázquez a iluminación e Fanny Bello a caracterización, mentres que Cuco Pino realiza os vídeos, Arantza Villar ocupa a asistencia de dirección e José Díaz, a de produción.

Os ensaios, que están a comezar coas primeiras lecturas conxuntas do texto traducido e adaptado por Manuel Cortés, estenderanse durante dous meses. O 12 de abril terá lugar a estrea do espectáculo no Salón Teatro, sede do CDG, onde poderá verse ata o 29 de abril. Divinas palabras iniciará a continuación unha xira ata xullo que, ademais de recalar en diferentes escenarios galegos, inclúe 10 días de representacións no Teatro Español de Madrid no mes de maio.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-02-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES