
As concelleiras de Igualdade e de Mocidade, Marta Lois e Noa Morales, presentaron a primeira das actividades do programa para a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres. Na rolda tamén estiveron Paula Rego e Sabela Sampedro, batería e guitarrista dun dos grupos do concerto, Agoraphobia.
O concerto leva por nome Rock & Elas e contará cos grupos de rock galegos Bala e Agoraphobia, "formados integramente por mulleres e que están abríndose camiño con forza no panorama musical do noso país", tal e como destacou a concelleira Noa Morales. Ambos grupos son coñecidos, sobre todo, entre a xente moza, e xa actuaron xuntos nalgún festival de rock. A cita é o xoves 1 de marzo a partir das 21:30 horas. As entradas son de balde ata completar aforo e poden descargarse na propia web da Sala Capitol.
Marta Lois quixo agradecer a colaboración da Concellaría de Mocidade e "de todo o Goberno municipal á hora de crear unha programación transversal para conmemorar o 8 de marzo". A concelleira de Igualdade tamén fixo un repaso sobre as accións que se levan celebrado polo Concello co gallo deste día e que incluíron o espectáculo Galadas en 2016 a cargo de Mercedes Peón, ou a obra de teatro Bravas e diversas o ano pasado.
A guitarrista do grupo Agoraphobia, Sabela Sampedro, amosouse "moi agradecida por poder tocar na Sala Capitol, un lugar de referencia musical en Compostela", ao tempo que definiu esta acción como "moi bonita e moi ben proposta, ao permitir visibilizar as mulleres no mundo do rock, moi masculinizado".
Formado por dúas mulleres (V e Anx), Bala ten xa ás súas costas dous traballos, un primeiro disco esgotado e re-editado chamado Human flesh e un segundo que veñen de presentar e que leva por nome Lume. O seu estilo musical achéganos ritmos de grunge, punk e rock.
Agoraphopia é un quinteto orixinario de Boiro, nacido en 2013 e formado por cinco mulleres: Susana, Aislinn, Sabela, Paula e Lucía. Teñen dous discos autoeditados, Dirty little things e Ready to play e, ao igual que Bala, apostan polo punk rock e o rock alternativo.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.