
A estrea foi presentada en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o actor e director da obra, Diego Rey; o actor e director da compañía, Artur Trillo; xunto con Dani Trillo e María Ordóñez, ambos integrantes do elenco da obra. Novoneyra parabenizou aos integrantes de Talía polos 30 anos de andadura e desexoulles cumprir outros 30 anos de "teatro galego e en galego". A concelleira convidou tamén o público de Compostela a participar na #posfunción da obra, o encontro aberto co equipo da montaxe que se abrirá o xoves 15 de febreiro ao remate do pase.
O servidor de dous amos
Talía Teatro presenta unha revisión deste texto referencial da Commedia dellArte e ofrece unha re-invención da obra de Goldoni que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, ao tempo que busca incorporar novas formas de teatralidade.
No seu 30 aniversario, a compañía compostelá reivindica a concepción do teatro renacentista italiano: a procura da innovación mediante o uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do "espectáculo total" e a creación dunha obra que capaz de deixar abraiado a todo o público presente.
Así como a Commedia dellArte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión de 0 servidor de dous amos trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son substituídos por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz como divertido.
Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, para facelo rir até de si mesmo.
Datos do espectáculo e venda de entradas
O espectáculo, recomendado para maiores de 13 anos, ten unha duración aproximada de 75 minutos e conta coa dirección de Diego Rey e Artur Trillo. Xurxo Barcala, Toño Casais, Marta Lado, María Ordóñez, Diego Rey, Marta Ríos e Artur trillo compoñen o elenco actoral desta obra, que conta con escenografía e iluminación de Diego Valeiras.
As entradas teñen un prezo de 12 euros, co desconto do 50% para os colectivos habituais (desempregados, maiores de 65 anos, xubiladas, menores de 25 anos, estudantes, familias monoparentais, familias numerosas e perceptores de rendas sociais) e poden mercarse no 981 910 544, en entradas.abanca.com ou no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado, + días de evento, de 18:00 a 21:00 h).
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.