Archivo (4 del 2025)

Buscador

Noticias

O Centro Dramático Galego inicia a semana que vén a xira por Galicia do espectáculo Manuela Rey Is In Da House, que poderá verse ata mediados de maio en oito escenarios das catro provincias. As dúas primeiras paradas do percorrido serán a do mércores 30 en Ribeira e o xoves 1 en Pontevedra, onde hoxe se presentou esta coprodución galego-portuguesa que recupera a esquecida figura da actriz mindoniense que chegou a ser a estrela do teatro lisboeta na segunda metade do século XIX. Fran Núñez, director da unidade teatral e da peza, participou nesta rolda de prensa.
Paternidade dialoga coa contorna do Monte Gaiás reflectindo un mecanismo básico da natureza, xa que para que unha nova vida poida saír adiante precisa de protección. A escultura, feita de bronce e cun peso de 120 quilogramos, representa a figura dun pai apertando un neno co fin de evocar o contraste entre a fortaleza e a fraxilidade. O artista di reflectir nesta peza un sentimento que descansa na súa propia experiencia como pai e fillo. De feito, a paternidade é un tema que rexorde en varias ocasións ao longo da súa traxectoria. A obra de Ramón Conde, un dos escultores galegos máis recoñecidos, e moi influenciado polo expresionismo, o surrealismo e o interese na psicoanálise, complementa un conxunto de sete pezas artísticas nos espazos exteriores do Gaiás.
Esta nova Conferencia Sectorial, creada por mandato da Lei 1/2023, do 20 de febreiro, de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global, como órgano de participación, diálogo, coordinación, concertación e colaboración en materia de cooperación para o desenvolvemento sostible da Administración Xeral do Estado, das Administracións das comunidades autónomas, e das cidades con Estatuto de Autonomía; ten por finalidade contribuír a unha actuación máis eficaz, coherente, coordinada e complementaria das distintas Administracións públicas que executen programas, proxectos e accións en materia de cooperación para o desenvolvemento sostible.
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, criticou que Galicia está sendo 'claramente discriminada' na distribución dos fondos europeos a través dos Perte que o Goberno, está facendo con 'pouca seriedade e tecnicidade'. A conselleira manifestouse así logo de que se coñecese que o proxecto de Altri en Palas de Rei e o de Ence nas Pontes quedan fóra do Perte de descarbonización. 'Galicia está sendo claramente discriminada na distribución de fondos e, ademais, mesmo nos criterios que se empregan para considerar avaliable ou non un proxecto', dixo, para remarcar que hai iniciativas doutras comunidades que resultaron beneficiarias dos fondos Next Generation 'sen ter sequera comezado unha avaliación ambiental'.
Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis reduciu en 2023 as emisións netas de gases de efectos invernadoiro (GEI) con respecto a 1990 —é dicir, a diferencia entre emisións e absorcións—, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas. Segundo o avance do último Inventario Nacional de Emisións que elabora o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, durante o ano 2023 Galicia logrou reducir nun 61,7% as emisións netas de GEI con respecto a 1990, un balance que a sitúa á cabeza do país neste eido. No anterior informe, correspondente ao ano 2022, Galicia tamén foi a comunidade que experimentou unha maior redución das emisións contaminantes netas, nese caso, cun descenso do 59,8%.
As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia súmanse á celebración de Día do Libro con preto dun cento de propostas que se espallarán desde a mesma data da efeméride, mañá, 23 de abril, ata finais deste mes. A ampla programación está dirixida a todos os públicos e vencellada á promoción e difusión do libro galego. Deste xeito, na Biblioteca de Galicia, situada na Cidade da Cultura, festexarase co agasallo sorpresa de libros a todas as persoas usuarias e visitantes que se acheguen ata as súas instalacións o mesmo día 23, desde ás 9,00 horas ata esgotar existencias. Tamén ofrecerá visitas guiadas, ás 12,30 horas, nas que se dará a posibilidade de descubrir espazos habitualmente restrinxidos.
A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, publica na súa páxina web o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á semana 15 do ano (rematada o 13 deste mes), que determina que a intensidade da gripe en Galicia se sitúa en intensidade basal e con tendencia estable. Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria diminuíu un 27,9 % e fica en 18,6 por 100.000 habitantes, polo que a intensidade da actividade gripal descende ata o nivel preepidémico. O descenso da taxa obsérvase en todos os grupos de idade e en todas as áreas sanitarias.
Baixo o título Onde florecen os libros, a cita inaugural será en Ferrol, do 25 ao 27 de abril. A Feira do Libro de Santiago de Compostela celebrarase do 3 ao 11 de maio; en Lugo do 13 ao 17 de do mesmo mes, e no Porriño do 29 de maio ao 1 de xuño. No mes de xuño, Redondela acollerá a súa feira do día 12 ao día 15, mentres que en Ourense será do día 18 ao día 21. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas desde o día 10 ata o 13 e en Rianxo do día 24 ao 27 de xullo. Finalmente, en agosto as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña do día 1 ata o 10, a Viveiro do día 12 ao 15, a Foz do día 16 ao día 19 e rematarán en Monforte de Lemos do día 20 ao 23 de agosto.
A IX edición do festival celebrarase os días 8 e 9 de maio nos espazos Flamboyán – The Clemente e The Francis Kite Club, e contará cunha ampla programación de recitais poéticos, música e performances escénicas, con presenza de autores e artistas de Galicia, Estados Unidos, Latinoamérica e outros países. O Festival Kerouac, que naceu en Vigo no ano 2010, estendeuse nos últimos anos a outras cidades como Nova York ou Cidade de México, converténdose nun referente da poesía oral e escénica contemporánea. A cita neoyorquina suma xa nove edicións e consolidouse como un evento cultural de referencia para a diáspora galega e para o público estadounidense amante da poesía e das artes vivas.
A integración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 no Proxecto Ariadna eleva o nivel de cardioprotección da comunidade, conseguindo 554 novos voluntarios formados en reanimación cardio-pulmonar, ata acadar os 3.200, e rexistrando máis de 300 desfibriladores novos na aplicación. Galicia convértese así na primeira comunidade en integrar os seus servizos no proxecto Ariadna, que ten como obxectivo xeolocalizar e validar o maior número posible de desfibriladores aos que se pode acceder no caso de que alguén sufra unha parada cardiorrespiratoria na rúa. Así, con 10 desfibriladores por cada 10.000 habitantes, Galicia sitúase 7 puntos por riba da media de España.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (264)

2024 (514)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES