
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou hoxe na reunión constitutiva da Conferencia Sectorial de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global, celebrada no Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación en Madrid, cuxo principal asunto foi a aprobación do regulamento da Conferencia Sectorial.
Na reunión, que estivo presidida polo ministro José Manuel Albares, designouse, así mesmo, a persoa titular da vicepresidencia do dito órgano. Dado que debe ser ostentada por un vogal pertencente ás comunidades de maneira rotatoria anualmente, estando o orde de designación en función das datas de aprobación dos Estatutos de Autonomía, foi designado como vicepresidente o representante do País Vasco.
Na reunión informouse do estado de situación da política de cooperación e do avance do desenvolvemento normativo derivado da Lei 1/2023, do 20 de febreiro, de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global, así como se acordou a creación de distintos grupos de traballo.
Esta nova Conferencia Sectorial, creada por mandato da Lei 1/2023, do 20 de febreiro, de Cooperación para o Desenvolvemento Sostible e a Solidariedade Global, como órgano de participación, diálogo, coordinación, concertación e colaboración en materia de cooperación para o desenvolvemento sostible da Administración Xeral do Estado, das Administracións das comunidades autónomas, e das cidades con Estatuto de Autonomía; ten por finalidade contribuír a unha actuación máis eficaz, coherente, coordinada e complementaria das distintas Administracións públicas que executen programas, proxectos e accións en materia de cooperación para o desenvolvemento sostible.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, na súa intervención, puxo en valor as máis de tres décadas de actividade no ámbito da cooperación para o desenvolvemento nas que se consolidou en Galicia un sistema galego de cooperación maduro e unha política pública solvente e participativa.
Jesús Gamallo destacou especialmente o avance producido coa entrada en vigor da Lei 10/2021, de 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, cuxo título VIII se dedica en exclusiva á cooperación para o desenvolvemento, que incorpora unha maior flexibilización do réxime xeral establecido na normativa de subvencións.
Por outra banda remarcou a importancia da constitución deste novo órgano que de seguro servirá para mellorar a coordinación, colaboración e concertación entre a Administración Xeral do Estado e as distintas autonomías en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.