Noticias

Galicia consolida a súa posición como a comunidade que máis reduce as emisións netas contaminantes, cun 61,7% menos que no ano 1990

Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis reduciu en 2023 as emisións netas de gases de efectos invernadoiro (GEI) con respecto a 1990 —é dicir, a diferencia entre emisións e absorcións—, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas. Segundo o avance do último Inventario Nacional de Emisións que elabora o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, durante o ano 2023 Galicia logrou reducir nun 61,7% as emisións netas de GEI con respecto a 1990, un balance que a sitúa á cabeza do país neste eido. No anterior informe, correspondente ao ano 2022, Galicia tamén foi a comunidade que experimentou unha maior redución das emisións contaminantes netas, nese caso, cun descenso do 59,8%.

Galicia consolida a súa posición como a comunidade española que máis reduciu en 2023 as emisións netas de gases de efectos invernadoiro (GEI) con respecto a 1990 —é dicir, a diferencia entre emisións e absorcións—, ano de referencia a nivel comunitario para as políticas climáticas.

Así o avanzou esta mañá a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita ás instalacións de ABCR Laboratorios, en Forcarei, empresa do eido químico e farmacéutico e que, tal e como resaltou, exemplifica a relevancia deste sector para avanzar cara aos obxectivos de descarbonización e transición enerxética, así como para garantir un desenvolvemento sostible e eficiente de Galicia.

Tras explicar que a Xunta acaba de recibir un avance do último Inventario Nacional de Emisións que elabora o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a conselleira explicou que durante o ano 2023 Galicia logrou reducir nun 61,7% as emisións netas de GEI con respecto a 1990, un balance que a sitúa á cabeza do país neste eido e que confirma que o Goberno autonómico “vai polo bo camiño” na súa estratexia para facer fronte ao cambio climático.

De feito, Ángeles Vázquez lembrou que no anterior informe, correspondente ao ano 2022, Galicia tamén foi a comunidade que experimentou unha maior redución das emisións contaminantes netas, nese caso, cun descenso do 59,8%.

Neste sentido, destacou a importancia de contar cun tecido empresarial “comprometido co medio ambiente e a redución das emisións”, unha concienciación ambiental da que puxo como exemplo, precisamente, á empresa ABCR, fundada en 2008 e cuxa traxectoria estivo marcada desde entón pola innovación e a súa aposta pola sostibilidade nos seus procesos.

Así, a modo de exemplo, referiuse ao proxecto Eco-Smart Batt, que contou co apoio da Xunta e dedicado ao desenvolvemento de baterías de ion-litio máis sostibles, un obxectivo que conecta directamente coas políticas de transición ecolóxica impulsadas polo Goberno galego. De feito, indicou que, tal como lle transmitiron os responsables da firma, ABCR Laboratorios aspira a que eses novos dispositivos de almacenamento de enerxía reduzan ata un 38% as emisións de dióxido de carbono (CO2).

Este tipo de iniciativas, salientou Ángeles Vázquez, son fundamentais nun momento no que a produción de vehículos eléctricos e híbridos está a aumentar, co que esa rebaixa na emisión de gases de efecto invernadoiro contribuiría a facer fronte aos efectos do cambio climático e á descarbonización da economía.

Así mesmo, a conselleira tamén se referiu á oportunidade que supón para empresas de referencia neste e noutros sectores a existencia de alianzas relacionadas co impulso da economía circular así como no eido da redución dos residuos -como é o seu proxecto para a reciclaxe de gomas de siliconas- e na mellora e implementación de procesos industriais sostibles e eficientes.

Ademais, tras apelar a seguir fomentando a colaboración público-privada para avanzar nos retos de descarbonización, Ángeles Vázquez animou aos responsables de ABCR Laboratorios a sumarse á iniciativa Alianza Galega polo Clima, impulsada pola Xunta.

R., 2025-04-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (apoio.jpg) O Plan constitúe o primeiro documento estratéxico específico de Galicia dedicado á planificación, organización e desenvolvemento dos coidados paliativos pediátricos e nace coa finalidade de dar resposta ás necesidades propias desta poboación, garantindo unha atención adaptada ás características evolutivas da infancia e da adolescencia. O documento aprobado hoxe conta co aval científico da Sociedade de Pediatría de Galicia e da Sociedade Española de Coidados Paliativos Pediátricos e está dirixido á poboación pediátrica con enfermidades crónicas complexas e situacións susceptibles de atención paliativa. Articúlase arredor de catro liñas estratéxicas orientadas a fortalecer a organización asistencial e a dar resposta ás necesidades clínicas, emocionais e sociais dos pacientes pediátricos e das súas familias.
Foto de la tercera plana (20261029-xunta.jpg) Galicia ocupa un lugar destacado nos Premios Nacionais de Investigación 2026, con cinco científicos galardoados. Tivo lugar o acto de entrega destes premios, celebrado no Palacio de Congresos de Europa, en Vitoria-Gasteiz. Os investigadores galegos que recibiron esta distinción son Ángel Carracedo, natural de Santa Comba, catedrático de Medicina na USC e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica; a compostelana Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática da USC e directora do Instituto de Materiais da USC (iMATUS); e Laura Castro Santos, de Betanzos, catedrática da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, pertencente á UDC.

Notas

As longametraxes La silla, de Ángel de la Cruz; Monstro, de Andrés Goteira; e As augas, de Ledicia Sola; dúas sesións de curtametraxes, o documental Hoxe e o resto do mundo; e diferentes encontros con empresas e profesionais do sector. A XVI Máster Class Audiovisual Galego Augal dedica a súa programación a unha escolma de proxectos estreados neste 2026, co propósito de ofrecer ao alumnado da Facultade de Comunicación e ao conxunto da cidadanía unha selección 'do mellor do audiovisual galego', como salientou o profesor Paulino Pérez, coordinador dun ciclo que arranca o luns e se estende ata marzo de 2027.
As RRSS convertéronse nun espazo para a comunicación e para a construción das identidades contemporáneas. Nelas circulan prácticas, discursos e representacións que poden reproducir xerarquías xa existentes, mais tamén cuestionar ideoloxías asentadas e abrir novos ámbitos de uso. Este escenario será o obxecto de estudo do Simposio do Instituto da Lingua Galega da USC que se desenvolverá do 24 ao 26 de novembro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES