Archivo (1 del 2025)

Buscador

Noticias

A xestión integrada do litoral require preservar a costa en beneficio das xeracións presentes e futuras e, para acadar ese obxectivo, cómpre garantir que as actividades que se van realizar na costa permitan un desenvolvemento integral desde o punto de vista ambiental, social e económico. Nesa liña, as DOL establecerán criterios xerais coherentes e precisos -que serán regulados, posteriormente, por diversos plans de ordenación- para dotar a comunidade dunha regulación coordinada e garantir a seguridade xurídica na ordenación e xestión do litoral.
A iniciativa ten por obxectivo que os mozos e mozas galegas conten cun incentivo económico á hora de independizarse, xa sexa nunha vivenda alugada ou en propiedade, para sufragar 'a adquisición de mobiliario' ou diversos artigos como os decorativos, obxectos do baño, téxtil ou 'certos electrodomésticos esenciais', así como gastos de xestoría, notaría ou mudanzas. Trátase dunha liña de apoio 'complementaria' a outras que teñen que ver co prezo de compra dun inmoble ou a renda do alugamento.
A proposta turística 'Galicia acolledora' recibiu unha excelente valoración entre o público xeral que asistiu esta fin de semana a Fitur 2025 nas dúas xornadas de portas abertas. En concreto, o turismo de interior, especialmente a Ribeira Sacra coa súa candidatura a declaración de Patrimonio da Humanidade pola Unesco, foi unha das propostas que espertou maior interese seguida doutras nas que o público valorou especialmente a paisaxe como a Costa da Morte ou a Mariña Luguesa, seguida de opcións coma o termalismo.
Galicia puxo fin ás xornadas de presentación de destino de Fitur 2025 dirixidas ao sector profesional do ámbito turístico con dúas propostas que permiten afianzar a estratexia de desestacionalización. O xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas foi o encargado de promover o turismo termal e o director de Turismo, Xosé Merelles, presentou o produto 'Trens Turísticos', promovido con Renfe e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde). Durante a presentación de 'Termalismo en Galicia, Auga para os sentidos', Anotonio Casas salientou que Galicia é o segundo lugar de Europa con maiores reservas de augas mineromedicinais, o que deu lugar a que a comunidade conte con máis de 20 balnearios, o que supón o 20% da oferta termal de toda España.
Foi presentado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense un libro que recompila os 100 primeiros números da publicación Fronda, coa que a entidade difunde o seu labor e a importancia dos seus fondos desde o ano 2006. O volume, 100 números de Fronda recolle os exemplares da única publicación deste tipo que existe na actualidade en Galicia e cuxa cronoloxía abrangue material que vai desde a Idade Media á época Contemporánea. Ademais, destaca a colaboración durante estes anos de persoas vencelladas ao ámbito universitario e centros de investigación como o Instituto Padre Sarmiento.
Co MamoRisk búscase facer un cribado en función da predición do risco persoal e non só por un criterio de idade. A tal efecto, Galicia liderará esta iniciativa que se vai desenvolver en principio en 14 comunidades autónomas e na que participarán 10.000 mulleres que pasaran polos cribados de cancro de mama, das que polo menos 4.000 serán galegas. O financiamento deste proxecto de prevención dirixida e de detección temperá, que terá unha duración de dous anos, acada os 1,2 millóns de euros procedentes de fondos europeos a través do Instituto de Saúde Carlos III. A implantación desta iniciativa implica unha colaboración de profesionais da saúde pública, oncoloxía, radioloxía, enfermería, epidemioloxía e xenética.
Galicia aumentou a un 66,2 % o seu número de lectores, o que supón 5,7 puntos máis que a porcentaxe rexistrada en 2023 e sitúa os índices de lectura na Comunidade por riba da media estatal. Así o recollen os datos do Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros de España en 2024. Galicia escala da duodécima á sexta posición de Comunidades Autónomas máis lectoras, só superada por Madrid (72,1 %), Euskadi (69,4 %), Cataluña (68,9 %), Navarra (68,2 %), e A Rioxa (67,3 %). Os datos deste estudo revelan índices nunca antes rexistrados.
A taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria diminuíron un 13 % con respecto da semana previa e fica en 63,7 consultas por 100.000 habitantes. Por grupos de idade, a taxa aumenta na poboación pediátrica e diminúe a partir dos 19 anos (este segundo grupo de idade a taxa amosa unha tendencia ascendente desde a semana 50, polo que pode tratarse dun descenso puntual). Por áreas sanitarias, a taxa de consultas foi inferior á da semana anterior en todas agás na de Ferrol. A rede de farmacias sentinelas que esta campaña remiten os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos descenderon en comparación coa semana anterior.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, realizou o traspaso da coordinación do destino 'España Verde' ao conselleiro de Cultura, Turismo e Deporte do goberno cántabro, Luis Martínez Abad. Nun acto, celebrado en Fitur 2025 que contou coa participación do director xeral de Turespaña, Miguel Sanz, Xosé Merelles puxo en valor o conxunto de actuacións coordinadas en 2024 pola Comunidade galega que contribuíron a unha maior proxección internacional e consolidación da marca España Verde. As comunidades galega e cántabra xunto con Asturias e Euskadi conforman este destino que segundo apuntou o director de Turismo de Galicia 'está cada vez mellor situada nas preferencias dos turistas'.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse hoxe en Madrid coa secretaria de Estado de Comercio, María Amparo López Senovilla, ante a que debullou a aposta de Galicia a prol do comercio de proximidade e instou á necesidade de sumar esforzos entre as administracións, demandando que a Comunidade poida acceder a recursos Next Generation —que o Goberno reservou e non está a executar- para a materialización dos proxectos singulares dirixidos ao sector que prevé impulsar a Xunta este ano.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES