
O Camiño de Santiago tamén recibiu numerosas consultas por parte do público que preguntaba polas distintas rutas e por cuestións de loxística e organización. O xeodestino de Ferrol foi outro dos destinos con maior número de consultas xunto coa provincia de Pontevedra, cuxo interior tamén esperou moita curiosidade.
Os visitantes do expositor de Galicia en Fitur 2025 tamén se interesaron pola proposta enoturística da Comunidade, sobre todo no referido ás distintas rutas do viño, a súa tradición e cultura. Finalmente, o perfil de turista que máis consultas realizou foi de carácter senior e familiar, entre outros.
Galicia participou nesta edición con 50 presentacións de destino que tamén foron moi valoradas polo sector profesional. Desde mércores ata o pasado venres, entidades e administracións deron a coñecer distintos produtos turísticos que atenden as demandas actuais dos visitantes. A paisaxe, a gastronomía, o Camiño de Santiago, a cultura e outros atractivos foron o eixe destas presentacións.
Fitur 2025 pecha este domingo unha edición con cifras récord en canto a visitantes. Concretamente, 155.000 profesionais coñeceron de mércores a venres as principais novidades turísticas. En canto a público xeral, a organización espera pechar este domingo cunha cifra que rolda as 100.000 persoas.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.