
Neste sentido, presentou unha guía que recolle a oferta de hoteis balneario, talasos e balnearios sen aloxamento. En total, 24 establecementos localizados na provincia da Coruña (2 balnearios); Lugo (4 balnearios e 1 talaso); Ourense (6 balnearios) e Pontevedra (8 balnearios e 3 talasos). Ademais, nunha aposta pola dixitalización do destino, a APP Galicia Termal inclúe esta oferta xunto con outra información de utilidade para o visitante.
Trens turísticos
Finalmente, o director de Turismo de Galicia presentou o produto turístico Trens Turísticos, un programa que aposta pola mobilidade segura, a sostibilidade e a calidade. O visitante, ademais de percorrer a Comunidade, pode gozar de propostas do destino galego como a cultura da camelia, os faros da costa galega, a viticultura, a gastronomía ou o rico patrimonio natural e arquitectónico de Galicia. O programa arranca este ano cun total de 2.530 prazas repartidas en 33 saídas, que se desenvolverán entre marzo e outubro.
Tanto a oferta de turismo termal coma os Trens Turísticos son dúas propostas coas que a Axencia de Turismo de Galicia quere seguir afondando na súa estratexia de desestacionalización do destino.
Galicia continúa amosando a súa oferta turística en Fitur pero será xa cunha programación dirixida a público en xeral na que non faltan obradoiros artesáns, degustacións gastronómicas e actuacións musicais, entre outras.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.