Noticias

Galicia cede a Cantabria a coordinación do destino España Verde cun balance de 19,8 millóns de visitantes

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, realizou o traspaso da coordinación do destino 'España Verde' ao conselleiro de Cultura, Turismo e Deporte do goberno cántabro, Luis Martínez Abad. Nun acto, celebrado en Fitur 2025 que contou coa participación do director xeral de Turespaña, Miguel Sanz, Xosé Merelles puxo en valor o conxunto de actuacións coordinadas en 2024 pola Comunidade galega que contribuíron a unha maior proxección internacional e consolidación da marca España Verde. As comunidades galega e cántabra xunto con Asturias e Euskadi conforman este destino que segundo apuntou o director de Turismo de Galicia 'está cada vez mellor situada nas preferencias dos turistas'.

Así, salientou que segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, foron 19,8 millóns de visitantes os que se decantaron por algún dos destinos integrados na ‘España Verde’ durante 2004, o que se traduce nun incremento do 16% de visitantes con respecto a 2023.

Neste sentido, Xosé Merelles destacou a internacionalización da marca con visitantes chegados de Europa, Reino Unido e Estados Unidos atraídos pola paisaxe, o litoral, a gastronomía, o patrimonio natural e arquitectónico e as xentes do norte de España, todos eles atractivos que “outorgan identidade ao destino”.

Axenda Fitur 2025

O traspaso da coordinación da ‘España Verde’ foi un dos actos enmarcados na programación da comunidade galega en Fitur. Neste primeiro día dirixido ao sector profesional, o director de Turismo de Galicia tamén participou nas presentacións de destino e campañas turísticas das deputacións provinciais de A Coruña e Ourense, do Xeodestino As Mariñas. Reserva da Biosferra das Mariñas Coruñesas e tamén de novas ferramentas de utilidade para o sector por parte do Cluster de Turismo de Galicia.

Pola tarde, o director de Turismo de Galicia asistiu ás presentacións da Asociación Camiño do Solpor, de Galicia como destino da World Surf League e da Traslatio virtual e audiovisual’ da Fundación Ruta Xacobeo do Mar de Arousa e Ulla.

R., 2025-01-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foto de la tercera plana (galicia-ilusiona-2026.jpg) Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.

Notas

A Casa de Rosalía en Padrón acolleu a presentación pública de 'TERRAVERSO. Laboratorio de Arte, Ciencia e Comunidade en torno ao Patrimonio Literario Rural', un proxecto liderado pola Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE) e financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), na modalidade Arte, Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade (ACTS).
A actriz e narradora oral Atenea García, o poeta e narrador Celso Sanmartín e as e os finalistas do certame 'Bótalle un conto' protagonizarán 'Contos de inverno', o ciclo de contacontos para adultos que promove a Vicerreitoría do campus. Dirixido a pór en valor a literatura de transmisión oral como parte do patrimonio inmaterial galego, así como subliñar o seu papel na preservación de tradicións, mitos ou lendas, este ciclo desenvolverase os días 19 e 25 de novembro, e 3 de decembro, na Casa das Campás.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES