Noticias

A incidencia da gripe en Galicia mantense estable, rexistrando unha semana máis unha intensidade baixa

A taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria diminuíron un 13 % con respecto da semana previa e fica en 63,7 consultas por 100.000 habitantes. Por grupos de idade, a taxa aumenta na poboación pediátrica e diminúe a partir dos 19 anos (este segundo grupo de idade a taxa amosa unha tendencia ascendente desde a semana 50, polo que pode tratarse dun descenso puntual). Por áreas sanitarias, a taxa de consultas foi inferior á da semana anterior en todas agás na de Ferrol. A rede de farmacias sentinelas que esta campaña remiten os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos descenderon en comparación coa semana anterior.

A Consellería de Sanidade publica, na súa páxina web, o informe de actividade das infeccións respiratorias agudas correspondente á terceira semana do ano que determina que a intensidade da gripe continúa sendo baixa, mantendo unha tendencia estable.

Segundo os datos, a taxa de consultas por gripe nos servizos de atención primaria diminuíron un 13 % con respecto da semana previa e fica en 63,7 consultas por 100.000 habitantes. Por grupos de idade, a taxa aumenta na poboación pediátrica e diminúe a partir dos 19 anos (este segundo grupo de idade a taxa amosa unha tendencia ascendente desde a semana 50, polo que pode tratarse dun descenso puntual). Por áreas sanitarias, a taxa de consultas foi inferior á da semana anterior en todas agás na de Ferrol.

A rede de farmacias sentinelas que esta campaña remiten os seus datos á Dirección Xeral de Saúde Pública reflicte que as taxas de dispensación de antigripais e probas de antíxenos descenderon en comparación coa semana anterior. Este comportamento vai en consonancia co observado na evolución da taxa de consulta por infeccións respiratorias agudas e da taxa de ingresos con gripe confirmada.

En canto aos ingresos hospitalarios, na semana do 13 ao 19 de xaneiro de 2025 ingresaron 125 persoas con gripe confirmada, isto é un 26 % menos que a semana anterior.

Na semana 3 a positividade das mostras estudadas para virus do tipo A foi do 12,3 %, o que supón un aumento a respecto da semana anterior do 10,2 %. Tendo en conta que o virus tipo A afecta máis frecuentemente ás persoas maiores, a Xunta lembra que a campaña de vacinación continúa en marcha ata o venres 31 de xaneiro.

É recomendable tamén o emprego da máscara aos pacientes con síntomas respiratorios e aos profesionais que os atenden, así como en determinados grupos de risco ou dispositivos asistenciais como poden ser as urxencias hospitalarias.

No que vai de temporada da gripe notificáronse 634 ingresos, a maioría deles con virus tipo A.

Evolución covid e VRS

O informe de actividade das infeccións respiratorias agudas indica que a razón de casos por médico de covid-19 mantívose estable mentres que a taxa de consultas descende un 31,1 %. Este descenso obsérvase en todas as áreas sanitarias e en todos os grupos de idade.

Pola súa banda, no que atinxe ao Virus Respiratorio Sincitial (VRS), a taxa de ingresos no conxunto da poboación foi de 1,6 ingresos por 100.000 habitantes, un dato inferior ao da semana pasada (4,3 ingresos por 100.000 habitantes).

R., 2025-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES