Archivo (12 del 2024)

Buscador

Noticias

Tomando como referencia a débeda anterior ao inicio da pandemia, as Administracións públicas no seu conxunto incrementaron o seu endebedamento un 33,6% con respecto ao peche do ano 2019. A maior parte deste incremento ven motivado pola débeda da Administración do Estado, a Administración central sube un 37,3% (1.172.759 M€) e a Seguridade Social un 106% (107.136 M€). Neste período Galicia incrementou a súa débeda nun 7,4%, fronte ao 12,9% das CCAA. Galicia, despois de elevar o nivel de débeda como consecuencia da emerxencia sanitaria, volveu á senda de redución do endebedamento, que sitúa a súa ratio non só por debaixo do nivel pre-covid, senón por debaixo dos niveis do ano 2012.
O Goberno galego está decidido a afianzar o liderado de Galicia no desenvolvemento das políticas pesqueiras no ámbito comunitario na súa condición de principal rexión pesqueira do continente. Así o manifestou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares durante a recepción do novo presidente da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), o comisario rexional de Gotland (Suecia), Filip Reinhag, durante a súa visita a Bruxelas no marco da celebración do Consello Europeo de Agricultura e Pesca no que se decidiron os TAC e cotas para o 2025.
Galicia volve liderar as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul 2025, un distintivo que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das rutas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna. Entre os principais obxectivos da iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe ao foro de presentación da Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) para o período 21-27, celebrado en Arcos de Valdevez (Portugal) e organizado pola CCDR NORTE, a Xunta de Galicia e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal. No acto, o presidente da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDRN), António Cunha, e o conselleiro de Ciencia do Goberno galego firmaron un acordo de colaboración para a implementación desta estratexia ata 2027 en materia de innovación.
Os recentes datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE) evidencian un ano excepcional en termos de migración e retorno a Galicia. Así, segundo a Estatística de Migracións e Cambios de residencia de 2023, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de 25.738 persoas, unha das mellores cifras de toda a serie histórica, continuando coa tendencia dos últimos anos, nos que Galicia gaña poboación grazas a todas esas persoas que deciden residir na nosa Comunidade. Este saldo favorable inclúe tanto o movemento migratorio con países estranxeiros, que sumou 23.337 persoas, como co resto das comunidades autónomas de España, con 2.401 persoas. Ademais, 2023 marcou un fito importante para a comunidade galega, xa que por terceiro ano consecutivo se acadou unha cifra histórica de retorno.
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, defenderá no vindeiro Consello de ministros de Medio Ambiente da Unión Europea, en representación das 17 comunidades autónomas españolas, a necesidade dunha norma comunitaria para regular o transporte marítimo de microplásticos en contedores. A conselleira, que participou esta mañá, de xeito telemático, na reunión do Consello Consultivo de Asuntos Medioambientais Europeos, exporá en Bruxelas o 17 de decembro a posición común de todas as comunidades durante o debate que manterán os ministros europeos do ramo sobre, entre outras cuestións, a proposta de regulamento para reducir a contaminación por microplásticos provocada por vertidos non intencionados.
O Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 é un documento do Executivo galego que nace froito das consultas a persoas e entidade de todo o litoral e fai unha profunda análise da diversidade dos bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade, recollendo 100 medidas que contribuirán a avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior. Esta iniciativa busca converterse no punto de partida para actuar de xeito coordinado na protección do pasado e o presente mariñeiro. O obxectivo, en definitiva, é evitar que este legado quede no esquecemento, pois Galicia conta con máis de 1.600 quilómetros de costa, tres provincias con mar e máis da metade da poboación (preto do 55%) vive no litoral.
Presentouse o Calendario do Libro e da Lectura de Galicia para o vindeiro ano, que inclúe datas de homenaxe a Alfonso Rodríguez Castelao con motivo do 75 aniversario do seu falecemento e a Isaac Díaz Pardo, a quen se lle dedica no 2025 o Día das artes galegas. O programa do Calendario do Libro e da Lectura comezará o 7 de xaneiro, o día no que faleceu o intelectual galego, que será protagonista tamén o día 30 dese mes, xa que o artista Xosé Vizoso terá un recordo para el polo Día da ilustración. O 1 de abril será cando a actividade se centre en Isaac Díaz Pardo, coincidindo co propio Día das artes galegas, aínda que contará todo o ano cunha ampla oferta de accións como tamén sucederá co Día das letras galegas (17 de maio) que nas bibliotecas xirará ao redor do cancioneiro popular galego.
O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, volve ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Un ano máis, a unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa co obxectivo de poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, así como de estreitar lazos entre o teatro e a cultura de ambos os países. Salgueiro Maia, figura emblemática da Revolución dos Caraveis, comparte co público as súas memorias sobre os antecedentes dese suceso histórico, a guerra colonial e o proceso persoal que levou este militar de carreira excepcional a se rebelar contra o réxime do Estado Novo.
OGoberno autonómico vai pagar o 90% das axudas directas da Política Agraria Común que faltaban por ingresar aos gandeiros e agricultores galegos. Trátase de 99,3 millóns de euros. Este saldo corresponde ao resto das axudas directas da PAC que non se aboaron no anticipo realizado na segunda quincena do mes de outubro e inclúe tamén o 20% que faltaba por pagar naquelas liñas en que xa se anticipara unha parte da axuda. Tamén se vai realizar o pagamento do 100% das axudas a zonas con limitacións naturais, é dicir, outros 17,3 millóns de euros. Estes pagamentos da PAC desta campaña en Galicia suporán un desembolso de preto de 117 millóns de euros.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2025 (168)

2024 (514)

ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES