Noticias

Galicia lidera un ano máis as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul para 2025, con 55 rutas aspirantes

Galicia volve liderar as candidaturas á bandeira Sendeiro Azul 2025, un distintivo que a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac) concede desde hai varios anos para recoñecer o papel das rutas e camiños como un recurso valioso para gozar da natureza, realizar actividades deportivas e de ocio ao aire libre e axudar a interpretar ambientalmente a contorna. Entre os principais obxectivos da iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.

Durante a súa participación en Ourense na reunión do xurado responsable deste programa, que estivo presidido polo presidente de Adeac, José Palacios, e se celebrou no marco do V Congreso Internacional de Turismo e Deporte, a directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, salientou que Galicia presenta 55 candidaturas a sendeiros azuis, das cales un total de 8 optan a este recoñecemento por primeira vez.

Así mesmo, explicou que a provincia de Ourense aspira a revalidar o galardón que obtivo este ano por primeira vez xa que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural volve presentar a candidatura a sendeiro azul da ruta da Aceveda, no Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso e que pertence integramente á Xunta.

Tras a reunión desta mañá, na que os membros do xurado analizaron as propostas recibidas no conxunto do país, o seguinte obxectivo para Galicia, segundo explicou a directora xeral, é revalidar o resultado da pasada edición, cando se converteu na comunidade co maior número de distintivos deste tipo: 49 das 128 bandeiras concedidas no conxunto do país e unha rede de itinerarios azuis que suma 319,37 quilómetros.

Neste sentido, Marisol Díaz salientou a calidade de todas as propostas e a relevancia deste galardón para atraer visitantes á Comunidade e promover á vez un “uso público e sostible dos espazos naturais”, promovendo o seu coñecemento a través das múltiples rutas que axudan a percorrelos e coñecer a súa beleza e rica biodiversidade.

Cómpre lembrar que o programa Sendeiro Azul premia e recoñece cada ano a recuperación e posta en valor de rutas, sendas e itinerarios peonís mediante a súa transformación en contornas respectuosas, resilientes e sostibles.

Nesta liña, entre os principais obxectivos da iniciativa inclúense o fomento da conectividade ecolóxica e a restauración ambiental; a contribución coa análise de fontes cartográficas e de datos á planificación e xestión de zonas naturais; o fortalecemento da coordinación entre as administracións con competencias nestes espazos; a integración transversal de aspectos económicos, ambientais e sociais, e a mellora do coñecemento e sensibilización ambiental.

Ademais, realízase unha revisión periódica dos seguintes aspectos: características das sendas e trazados; estado da información, sinalización e infraestruturas; conservación e xestión do patrimonio natural e cultural, e uso público e desfrute.

R., 2024-12-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.

Notas

No marco dun convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, estableceuse como obxectivo a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado destas universidades.
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acollerá os días 22 e 23 de setembro o 2º Congreso Internacional de Xestión da Balneoterapia, que ten por lema Innovación, saúde e territorio ante o reto demográfico. Con arredor dun centenar de asistentes, no evento presentaranse arredor de 70 traballos científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES