Noticias

O Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 recolle 100 medidas que contribúen a coñecer e protexer o legado do mar

O Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030 é un documento do Executivo galego que nace froito das consultas a persoas e entidade de todo o litoral e fai unha profunda análise da diversidade dos bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade, recollendo 100 medidas que contribuirán a avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior. Esta iniciativa busca converterse no punto de partida para actuar de xeito coordinado na protección do pasado e o presente mariñeiro. O obxectivo, en definitiva, é evitar que este legado quede no esquecemento, pois Galicia conta con máis de 1.600 quilómetros de costa, tres provincias con mar e máis da metade da poboación (preto do 55%) vive no litoral.

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, participou este mércores na Xornada de Protección do Patrimonio Marítimo, organizada pola Fundación Traslatio, e onde puxo en valor o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030; un documento do Executivo galego que nace froito das consultas a persoas e entidade de todo o litoral e fai unha profunda análise da diversidade dos bens inmobles, mobles e patrimonio inmaterial existente na comunidade, recollendo 100 medidas que contribuirán a avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor tanto en Galicia como no exterior.

Segundo destacou Villaverde, esta iniciativa busca converterse no punto de partida para actuar de xeito coordinado na protección do pasado e o presente mariñeiro. O obxectivo, en definitiva, é evitar que este legado quede no esquecemento, pois Galicia conta con máis de 1.600 quilómetros de costa, tres provincias con mar e máis da metade da poboación (preto do 55%) vive no litoral. Características que provocaron que a actividade vinculada ao mar definise un gran número de oficios e de estilo de vida que deron lugar a unha idiosincrasia de gran valor.

Este documento, elaborado en colaboración coa Universidade de A Coruña, fai unha radiografía demográfica e da cadea mar-industria. Destaca os case 40.000 empregos directos que dependen dela, así como so múltiples oficios: mariñeiros, mariscadores, percebeiros, acuicultores, bateeiros, operarios de conserva, afumadores, baleneiros, salgadores, muiñeiros, carpinteiros de ribeira, torneiros ou redeiras. Inclúe a variedade de construcións (estaleiros, fábricas de conserva e salazón, stands de pescadores e lavadoiros de redes, vivendas mariñeiras, embarcadoiros, faros, lonxas, cemiterios, ermidas ou restos arqueolóxicos, entre outros) e, no eido dos bens mobles, recolle as artes de pesca, as ferramentas empregadas, útiles de cestaría, calzado, embarcacións tradicionais e barcos afundidos. Asemade, dentro do patrimonio inmaterial, plasma cuestións como festas, a tradición oral e o folclore, adiviñanza, cancións, contos, lendas, léxico marítimo, receitas de cociña, iconografía, ou museos. O documento da Xunta tamén analiza fortalezas, oportunidades, debilidades e ameazas, ademais do patrimonio somerxido.

A bordo do Hidria Segundo

Con este encontro, a cidade olívica converteuse no epicentro da defensa de toda a cultura patrimonial vencellada ao sector marítimo-pesqueiro. Así, ademais de Villaverde, outras autoridades e expertos reuníronse a bordo do Hidria Segundo -construído en 1953 e considerado un símbolo da historia marítima galega- para debater establecer liñas de actuacións que contribúan á preservación do legado naval co que conta Galicia.

No transcurso da mesma, tamén se reallizaron exposicións individuais sobre temas que amosan a importancia que ten na nosa comunidade a cultura mariñeira, ademais das técnicas aplicada para a recuperacións de embarcacións e a necesidade dun marco legal que contribúa a esa protección.

R., 2024-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES