
Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, destacou a capacidade transformadora da cooperación transfronteiriza en materia de I+D+i e o poder tractor de talento e financiamento, como demostran os resultados da estratexia anterior para o período 14-20, que mobilizou 492 millóns de euros, fronte aos 360 M marcados como obxectivo.
O titular de Ciencia informou da vontade de reforzar e impulsar esta colaboración, que é pioneira no conxunto de Europa, sendo a única estratexia de especialización intelixente transfronteiriza. De feito, apuntou que a RIS3T segue a ser o marco idóneo para fortalecer as comunidades de Galicia e Norte de Portugal, actualizando os obxectivos e prioridades aos novos desafíos comúns e mantendo o efecto positivo sobre o tecido produtivo da Eurorrexión.
Por último, Román Rodríguez agradeceu a participación de todos os axentes implicados tanto no desenvolvemento da estratexia anterior como na definición da actual e animounos a seguir traballando na construción dunha marca propia de I+D+i para manter a posición da Eurorrexión como referente nesta materia.
O Foro RIS3T sobre a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, ao igual que a elaboración da estratexia, está financiado polo Programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, a través do proxecto GOBERNANZA_GNP, liderado pola AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
Difusión tamén en Italia
Precisamente esta semana a estratexia tamén se deu a coñecer en Italia na Conferencia de Estratexias de Especialización Intelixente 2024, o evento de referencia para as partes interesadas nestas estratexias de todas as rexións dos Estados membros da UE. O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou neste acto organizado pola Comisión Europea e a Conferencia das Rexións implicadas en colaboración coa Rexión Emilia-Romaña e co apoio do Concello de Rimini, onde abordou a importancia desta ferramenta aprobada pola Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Segundo sinalou, os contextos transfronteirizos ofrecen un significativo potencial de beneficios mutuos e implican un aumento das economías de escala e de alcance, ademais dunha mellor utilización das capacidades e do talento, e máis oportunidades para as empresas.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade.