Buscador
Noticias
O Goberno central retira a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT), requisito que suporía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas. A maiores, o goberno comprometeuse a enviar en breve un novo borrador adaptado ao escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou a súa lexitimidade de cara a ultimar o traspaso efectivo das funcións, servizos e medios de xestión do litoral.
A revista de divulgación científica cultura Ad Limina resultou galardoada co XII Premio Internacional da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño (APECSA). O director de Administración e de Relacións coas Asociacións Amigos do Camiño, Ildefonso de la Campa, recolleu este xoves este recoñecemento no decurso dun acto no que agradeceu este premio a unha publicación que suma rigor científico, análises rigorosas e novos campos de estudo ao fenómeno Xacobeo. Ad limina é unha revista científica editada por Turismo de Galicia, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, dirixida a un amplo espectro de investigadores sobre Santiago e a civilización da peregrinación en xeral e que, da man do Comité de Expertos do Camiño de Santiago, se publica anualmente desde 2010.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou na reunión número 25 da Comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR), a última do mandato (2020-2024). Nesta sesión, destacouse o ditame galego sobre o futuro da pesca como un dos dous asuntos con maior impacto político durante este ano, xunto ao espazo de datos sanitarios da UE. No sétimo mandato da Comisión NAT, o organismo traballou en áreas como a seguridade alimentaria, o papel das rexións nos plans estratéxicos da Política Agraria Común (PAC) postos en marcha en 2023 ou unha visión a longo prazo para as zonas rurais.
O Galiverso, proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, estrea unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participaron hoxe na presentación do novo Galiverso no corazón da pedra, que pode visitarse a partir desta tarde na Cidade da Cultura e do que tamén poderá gozar o público que esta fin de semana se achegue a Culturgal, no Pazo da Cultura de Pontevedra.
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá no encontro organizado pola Asociación Galega do Hidróxeno en Oleiros para analizar a Call for Interest do corredor europeo de hidróxeno verde H2Med. Durante a súa intervención, amosou o apoio do Goberno galego ao proxecto H2Med e reclamou a conexión do ramal Guitiriz-Zamora ao Corredor Ibérico do Hidróxeno. Fernández Vila incidiu na importancia de conectar Galicia co resto de España para o transporte de hidróxeno verde cara a Europa, xa que a conexión Guitiriz-Zamora, da cal defende a súa extensión ata A Coruña, quedou inicialmente fóra da primeira listaxe de Proxectos de Interese Común (PCI).
O circo volve protagonizar por noveno ano consecutivo o encontro D10! para a formación e innovación neste ámbito artístico, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o 4 de decembro co Salón Teatro e a Cidade da Cultura de Galicia como dúas das súas sedes. Galicia conta con colectivos e formacións pioneiras e innovadoras, tanto desde o punto de vista da creación como da xestión cultural. É o caso de Pistacatro, Premio da Cultura Galega 2023 no apartado de artes escénicas, e do seu encontro D10!, que se articula arredor dun programa cunha ducia de laboratorios de investigación e creación, coloquios e espectáculos, para os que se conta coa participación de diferentes colectivos e compañías de Galicia, Cataluña, Madrid, Alemaña e Francia.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello autorizou a licitación, por importe de 2,6M, da redacción dos Proxectos de Interese Autonómico (PIA) para o desenvolvemento de solo residencial onde construír as primeiras 15.000 vivendas en sete concellos galegos. Tal e como explicou, esta contratación enmárcase na primeira fase de execución da Estratexia Galega de Solo Residencial posta en marcha polo Goberno galego, que prevé desenvolver solo para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 libres.
Foi inaugurada hoxe no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, coincidindo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a mostra 'Un caso de violencia contra a muller no século XVI: a morte de Bárbara de Carranza en 1570', que permite sensibilizar á sociedade desde todos os eidos, tamén desde o cultural, contribuíndo con propostas como esta que abordan o problema desde unha perspectiva histórica. A exposición está protagonizada por un documento notarial conservado no centro ourensán que recolle un relato de 1570 onde Fernán Pérez de Lemos deixa por escrito un caso de violencia machista nesa época, que derivou no falecemento, segundo aporta este texto, de Bárbara de Carranza.
Se hai signos de alarma, o protocolo para confirmación diagnóstica marca a realización dun ecocardiograma en menos de 12 horas. Cando non os hai, a proba será realizada en canto sexa posible, sempre en menos de 72 horas. Cando o resultado do ecocardiograma é compatible cunha cardiopatía conxénita crítica, realizarase unha interconsulta para valoración inicial telemática coa unidade de referencia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e o bebé será trasladado en menos de 6 horas. As alternativas terapéuticas serían a medicación, un cateterismo cardíaco ou unha cirurxía.
Desde o ano 2019, membros do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo estudan o xacemento arqueolóxico de Ceada das Chás/Castelo de Lobarzán, nos concellos ourensáns de Oímbra e Monterrei. Os traballos realizados para coñecer o seu pasado prehistórico deron un avance significativo coa intervención arqueolóxica levada a cabo este ano, onde se localizou unha estrutura que agora vense de corfimar que data de mediados do IV milenio aC, de hai arredor de 5500 anos. A última campaña, financiada a través das axudas GDR Agader e promovida polos concellos ourensáns de Monterrei e Oímbra, centrouse en áreas clave como a plataforma da aba norte do Monte Castelo.